Eu non quería escribir isto!

Eu quixese non ter que volver escribir sobe algo tan horrible como os crimes machistas.

Xa denunciamos en diferentes ocasións desde esta revista, os malos tratos de xénero. O horror da violencia machista. Diferentes colaboradoras deron a súa opinión en contra deste abominable comportamento.

Pero varios sucesos dos últimos días, non poden ser silenciados. Francamente, eu non podo pasar de longo ante as dúas últimas noticias desta semana.

Puidemos decatarnos dese pai, que matou o seu fillo aproveitando que lle correspondía velo. Seguramente, co ánimo de vingarse da súa ex muller. Ou simplemente, porque lla lembraba. Non quero saber, que pasaba pola cabeza dese individuo.

Pero, este sábado, comendo nun restaurante cunhas amigas, vin na televisión unhas imaxes, nas que se podía apreciar que estaban a informar sobre un novo caso de violencia de xénero.

Xa pola noite, en Antena 3, Matías Prats despois de dar a noticia, engadiu que desde 2013, cento sesenta e seis menores perderon á súa nai, por violencia de xénero no noso país.

Arrepiada acudín a internet e puiden comprobar que, segundo un informe elaborado polo Fondo de Bolsas Fiscal, Soidade Cazorla – Fundación Mujeres, no período que vai de xaneiro do 2013 a febreiro de 2017, 166 nenos perderon ás súas nais a mans dos seus pais ou esposos. A isto hai que engadir que, algúns deles foron testemuñas do seu asasinato.

Ésto ocorreu seguramente na noticia do pasado sábado, xa que, o pai, acompañado dos seus tres fillos, acudiu á comisaría para entregarse.

Talvez pensou, que non quería deixar aos seus fillos sós co cadáver da súa muller. Seguramente se cre un bo pai.

Non, non o digo de broma. Nin con ironía. Dígoo porque estou convencida de que, este individuo crese un bo pai que coida e non abandoa aos seus fillos.

no período que vai de xaneiro do 2013 a febreiro de 2017, 166 nenos perderon ás súas nais a mans dos seus pais ou esposos. A isto hai que engadir que, algúns deles foron testemuñas do seu asasinato.

O de matar á súa muller, iso é outra cousa. Xa se sabe. “Mateina porque era miña”.

Desgraciadamente, esta é unha frase que aínda está vixente. Unha frase tan antiga, que se di de broma e é sinónimo de homes incultos, sen principios, aínda temos que comprobar, que hai quen a toma ao pé da letra.

De verdade, eu non quería escribir máis sobre estes temas. Pero saber que, 166 nenos terán que vivir co recordo de que, a súa nai morreu a mans do seu compañeiro ou marido e que en moitos casos este asasino é o seu propio pai.

Saber que un neno morreu, porque o seu pai aproveitou que estaba a pasar o día con el, para matalo e así poder facer dano a unha nai onde máis lle doe, ou sexa, no seu fillo; obrigoume a volver denunciar estes comportamentos.

Sei que, desgraciadamente, todo queda nun berro de protesta. Que isto non vai botar atrás ao que maltrata ou quere matar a unha muller. Pero creo que teño dereito a levantar a voz.

Creo así mesmo, que todas as mulleres teriamos que seguir levantando as nosas voces ata que, ou ben os gobernos ou a propia sociedade, achasen unha solución a esta doenza social.

Texto: Gloria.
Fotos: Fmdos. Deposit.photos.com y Femp.

 

Un comentario sobre “Eu non quería escribir isto!

  • el 18 de mayo, 2017 a las 20:52
    Permalink

    Sí Gloria, hay que seguir hablando de estos asesinatos porque es una monstruosidad. Igual que no me parece de recibo que un maltratador tenga derecho de visitas de los hijos. Quien maltrata a una persona no es fiable, y menos con un niño . Si protegemos a los niños, hay que legislar ya, como se están oyendo voces de colectivos, para quitar la tutela y derechos de visitas a estos asesinos.

Comentarios cerrados.