Cortegada: histórias, natureza e lendas

Hai uns días, todos os talleres de lectura dos centros sociocomunitarios (Coia,Vigocentro e Calvario) rematamos, por este ano, con unha excursión diferente: Fumonos a illa de Cortegada. Illa que   forma parte do Parque Nacional Maritimo-Terrestre das Illas Atlanticas de Galicia.

Os 50, “e si chove que chova”

Arredor das nove da mañán saímos de Vigo deica Carril-Vilagarcía. O día non pintaba ben; aquela noite chovera con fartura e na viaxe –en autobús- tamén apareceron as nubes e vento húmedo que presaxiaba unha xornada pasada por auga. A xente ía preparada con paraguas e algunhas con chuvieiros. O grupo formábamolo cincuenta persoas, máis mulleres ca homes–normal cando se trata de temas culturais.

No porto de Carril, -lugar do embarque-, esperábanos unha zodiac acaida para unha ducia de persoas. O tempo de ida e volta era de doce minutos e en catro viaxes, o grupo estábamos no lugar desexado para empezar a aventura.

O tempo xa mellorara, ficaba tranquilo e,á veces soleado. Dous guías –un home e unha muller- esperaban que nos organizáramos en dous grupos de vintecinco. Os primeiros sairon pola ruta marcada e a min tocoume co segundo grupo. Iamos guiados por Eva, unha moza xove e algareira, que a pouco de presentarse xa se fixo cos que a seguíamos: primeiro advertiunos das condicións dos comportamentos requeridos no Parque. Iniciamos o camiño sorteando raices das arbores, restos de polas desprendidas, e as irregularidades do piso.  A pouco xurdiron unhas ruinas  e alí deunos conta dunha parte da história da illa. (Non vou entrar no tema histórico, porque faríamoi longo o artigo e iso, pódese atopar en Internet. Eu só quero reflexar os sentimentos.

Aquelas ruinas ean a casa das viuvas, que tiñan un forno  para facer o pan, e alí tiñan que ir os vecinos da aldea para ese mester. Seguimos camiñando e ala íanos dando detalles da vida e das costumes. O bosque era tépedo, con moitas variedades arbóreas que sairon despois de despoboada a  illa. Camiñando chegamos a un punto onde mandou parar . Eva mostrounos o “carballo come pedras”. Estabamos no que fora un camiño de carros e nunha beira había un carballo cun cañoto, en un dos lados tiña unha pedra metida dentro, e preguntou”, ¿alguén sabe dicirme como chegou aquí esta pedra?”

De contado unha señora dixo que era o resto da parede que houbera alí, e o medrar o carballo abrazou a pedra. Non deu tempo a mais preguntas. Eva contounos a lenda. Estaba tan alporizada por contalo que deu un chimpo e subiuse ao mato –o mesmiño que unha ave para subir ó poleiro-. Eva convertiuse en ave e como unha fada madriña comezou coa lenda: “Todo isto era un prado onde se deixaban as ovellas a pastar. Un día desapareceu unha ovella, e a xente da aldea non daba creto  de  quénpuidera roubala; o tempo foi pasando e foise esquecendo, “morra o conto”, pouco tempo despois faltou outra, e aí, as cousas cambiaron e empezaron a desconfiar.

A xente da aldea non podía ser, tiñan que ser os de Carril que aproveitando o devalar da marea pasaban polo camino de pedras que queda en seco,e,despois dunha reunión na aldea,nomearon un gardián; votaron manduna foutado e dixeronlle, – ven pra córapás, ti vas ser o noso Sherlok Holmes: vaste pro prado e agochaste por alí, e stás áespreita por si veñen os laduóns das ovellas. Orapás tomou conciencia da encomenda e  non perdía movemento algún no rebaño, pero como non pasaba renfois e relaxando ata que quedou a durmir, e vaites, que un día esperta cos berridos dun año e mira que o carballo está á comer o añiño. O rapás berra desesperado e a xente da aldea vai chegano armados cos trebellos do agro para rematar aos ladróns. O gardián di que o carballo comeu o año, mais a xente queda desilusionada, e conta que te conta, e faltaba un año, pero os carballos non teñen boca, dicía a xente. Sherlok Holmes insistía ata que un viciño trouxo unha pata de cabra –ferramenta dos canteiros-, e con ela abrriuonde o outro dicía que era a boca.  Despois de moito esforzo conseguiron abrirlla e alí estaba o añiño ainda sin roer, e salvarono “. A muller máis garrida da aldea colleu folgos e mandou traguer pedras e meterllas na boca; pedras e mais pedras e a que está aí metida foi a que xa non puido tragar. E colorín colorado… A ave saltou do poleiro e voltou a ser Eva, e nos aplaudimos a cachón.

Seguimos a ruta por aquel paraíso da naturezaata chegar a outro punto. Eva falaba coa ledicia de quen está ensinandoa un grupo de meniños a ir descubrindo un mundo descoñecido, e nos eramos os seus meniños, e a segunda leción foi para escoitar as melodías dos paxuriños, e dixonos:  –agora pechade os ollos e scoitade. –non había vento, todo era calma e o pouco ceo que se podía albiscar era craro e limpo, sin nubes. O silencio fixose total e só se  oian os rechouchíos dunha multitude e varidade que formaban un orfeón animaliño que ninguén sabe o por qué daquelas xuntanzas.  Eva seguiu levandonos polos carreiros marcados para non interrumpir aquel santuario  que sóa os divinos corresponde.

Seguimos para atoparnos cuns alcolitos inmensos, foito da despreocupación que durante tantos anos houbo para conservar estas xoias naturais froito de millóns de anos. A dirección do Parque está á reducir ese espazo.  Pouco máis adiante outra rareza  -pra min- foron os loureiros que medraron uns cinco metros de altura buscando o sol que as especies de crecemento máis rápido obrigoulles a seguir medrando para poder vivi.

Estabamos a piques de rematar cando alguén preguntou por unhas pedras ao lonxe.

Eva aclarounos que aquelas pequenas illas e illotes eran as Malveiras, e formaban parte do Arquipelago.   Son totalmente protexidos por ser lugares de cría  e descanso de aves. Rematamos frente aó embarcadoiro onde hai unha capela en ruina  e un cruceiro.

A volta para Carril foi máis movida, o mar estaba na avalante e o vento viraba do oeste movendo o pantalán  máis do desexado polas xentes de terra. Agradecemoslle a Eva a súa atención connosco e demoslle os nosos mellores desexos .

Texto – Telmo Comesaña

Fotos- Varios usuarios de  nuestro centro

3 comentarios sobre “Cortegada: histórias, natureza e lendas

  • el 18 de mayo, 2017 a las 21:04
    Permalink

    Buena crónica Telmo. Pero también hay que añadir que estuvimos en el Pazo de Rubianes. Uno de los pazos, para mí, más bonitos y bien cuidados de Galicia. A lo que añado, y he visitado bastantes, que es donde mejor tratan al visitante, con una cortesía exquisita. Y con esta actividad extra, nos despedimos, durante el verano, de los talleres de lectura. Decirles que fue una gratificante experiencia reunir a más de 50 lectores y lectoras, de todos los Centros Sociocomunitarios de Vigo, en este encuentro lúdico y cultural. Todas las gentes que van a los talleres pudieron encontrarse, charlar y conocerse. La lectura nos llevó a la aventura del cuerpo, la mente y el alma.

  • el 19 de mayo, 2017 a las 13:45
    Permalink

    Hola soy una participante del taller de lectura del Centro Pi y Margal, acabo de leer la crónica de la Isla de Cortegada y me gusto mucho (FELICIDADES) y como dice Alejandra la visita al Pazo de Rubianes estuvo fenomenal el paseo por los jardines con tanta historia y estar dentro del Pazo para mi es un bonito recuerdo Me gustaría que alguien escribiera una crónica así de amena sobre el mismo

    Un saludo y feliz verano
    Feli

  • el 19 de mayo, 2017 a las 17:13
    Permalink

    ¡Hola Feli! ¿Por qué no te animas a hacer esa crónica qué te gustaría ver? Estaríamos encantados de leerla.

Comentarios cerrados.