Ponte de Rande. Un soño feito realidade

Os soños só se converten en realidade cando se soña desperto. Iso foi o que fixo o vigués D. Gerardo Campos Ramos, que aló polo ano 1947 soñaba cunha ponte en Rande, e prendeu tanto na sociedade, que 34 anos despois, (1981), inaugurábase; él xa non foi quen de estar no acto, porque finara  en setembro do 1964.

Despois de moitas queixas da poboación e xestións do alcalde de Vigo, as obras comezaron no 1974 e remataron no 1977, quedando sin inaugurar ata empatalo coa autopista.

O desenrolo de Vigo, despois da anexión de Lavadores (1941), era manifesto, e ainda que os medios de transporte eran primarios, D. Gerardo xa albiscaba o que ía a acontecer: Vigo e o sur de Pontevedra quedaría aillado o ter como única estrada o paso por Redondela. E así aconteceu.

A comenzos dos anos sesenta empezou a medrar o parque automobilístico: furgonetas Citroen, berlinas seat 600, Renault 4×4, Citroen 2cv e camionaxe, misturados ainda daquela con carros de cabalos e de bois,  facían que o paso por redondela fora un atasco permanente, chegando a ser “bautizado”  como o “funil”.

Nos anos setenta a situación era insostible, pero os días de feira e os da festa da Coca eran un desespero. E foi cando o ministerio de Obras Públicas tomou conciencia do problema e decidiu a construción da ponte, rematando a asfixia de Vigo e a súa zona de influencia. Daquela pensábamos que xa todo estaba feito, máis  en menos de trinta anos a ponte xa non chegaba para dar paso ao tráfico de Vigo e todo o procedente do sur de Pontevedra  e  norte de Portugal, despois de conetar a autopista coa autovía portuguesa, e Rande converteuse no “novo funil”.

A sociedade voltou a organizarse a prol dunha solución para Rande, e sairon ideas, algunas tan fantásticas como a de Alvariño: arrancando de Alcabre unha ponte de gran altura, que puideran pasar os máis grandes barcos  e fora algo sonado, como san Francisco, e logo outra ponte para salvar a ría de Marín ata o Salnés.  Soto Ferreiro fixo alguna achega semellante pero non tan espectacular, e outros foron falando de facer outra semellante en paralelo, pero a máis asisada foi a que se está  levando adiante: Dúas plataformas por fora de columnas para o tráfico ao Morrazo  con posibilidades de conexión entre as actuáis e as de nova construción.

A constución da ponte foi unha obra senlleira  por ser ( de plataforma livián, atirantado e cun van de 400 metros) e a ampliación segue a ser unha grande obra de enxeñería civil.

Ampliación

En xaneiro do 2015 comezouse a falar da ampliación , pero as novas dos xornais eran pouco creibles e non se tiña claro na cidadanía como se ía a facer a obra en cuestión, mais en febreiro xa se empezaron a ver homes enriba das columnas e despois “trapecistas”  deslizándose polos tirantes  abaixo, entón as cousas cambiaron e a xente xa falaba  -cada quen- ao seu xeito como ía ser a ampliación. E a enxeñería danos outra sorpresa da importancia que ten para obras civis de tal envergadura.   E consígueno sin cortar o trafico.

A ampliación da ponte coas conexión a unha veira e outra da ría está previsto que remate este ano 2017.

Compre suliñar a importancia das empresas que fan este “milagre” como IBEC,  radicada en Tomiño, que fixo a revisión  das columnas e dos tirantes (esta empresa fai o mantemento das chimeneas das Pontes de García Rodriguez -Coruña cunha altura de 365 metros). A outra é Puentes y Calzadas -que forma a UTE, con Dragados-,  do enxeñeiro de Soutelo de Montes, José Manuel Otero, perfecto coñecedor da ponte porque nela comezou  na obra no 1974, unha vez rematada a carreira con só 24 anos. Arestora a empresa lévana as dúas fillas tamén enxeñeiras de camiños,  canales e portos.

De José Manuel, din os e as que o coñecen que é un home de ben: moi intelixente, traballador, creador dunha gran empresa e boa xente, moi boa xente, compre suliñalo.

Resumo

Según o relatado na prensa da época, a ponte de Rande foi un fito  como obra única no seu xénero, e a ampliación, según os técnicos que desenrolaron o proxecto, volve a ser un fito histórico na obra civil.

A cidadanía de menos de cincuenta anos, nin se figura  vir de Cangas a Vigo un domingo de vran. Teño algunas lembranzas:

Un técnico daquela dixo que o tesouro de Rande non estaba no fondo do estreito, que estaba nas cabinas da autopista. E coido que non se enganou.

Os domingos que saiamos a coñecer o Morrazo e máis aló, a ida e a volta era por Redondela,e sempre con problemas.  Cecais o día máis atravesado foi vindo de Cangas, pola única estrada deica Vilaboa, e esa tarde, bastante cedo para non parar moito en Redondela atopamos tráfico parado en Sta Cristina de Cobres, e qué acontecía? Un enterro. Os enterros eran ceremonias abertas: catro homes levando o cadaleito e a correspondente procesión ocupando a estrada, e alí estuvemos un tempo moi longo; xa preto ao solpor chegamos a Cesantes onde xa estaba o embotellamento, e pouquiño a pouquiño fomos chegando ó funil para chegarmos a casa cos nervos rotos e as pequenas desesperadas.

Por iso que a ponte foi  liberdade.

Telmo Comesaña    xaneiro 2017

Un comentario sobre “Ponte de Rande. Un soño feito realidade

  • el 27 de enero, 2017 a las 11:35
    Permalink

    Excelente este artículo por el testimonio directo que nos cuenta de una obra civil tan importante en Vigo. Cuando los hechos los cuentan los testigos directos, la historia no se falsifica. Gracias Telmo porque este artículo, además de informativo, es una joya para saber, así de primera mano, cómo fue y lo que supuso este bello puente que tanto significa para todo el que lo ve . Me declaro una ferviente enamorada de los puentes.

Comentarios cerrados.