Quero ser ferreiro

blacksmith-1174956_640Meu avó Eusebio acostumaba a levarme con él cando ía a encargar algún traballo ou algúnha  ferramenta que precisaba. E así, fun coñecendo ó cesteiro, ó carpinteiro, ó serrador, ó toneleiro, ós albaneis, e algúns máis aos que non lles din tanta Importancia.

Daquela, as ferramentas procurábanse nas feiras e nos obradoiros dos artesáns: uns viñan facer o traballo a casa, e outros facíanos nos seus talleres.

¿Cómo os coñecín?

basket-weavers-1314017_640O cesteiro facíanos as cestas de vides ou de bimbios, e había que levarllas limpas e sin nós; as vides tiñan que ser de caíño, que son largas e delgadas, e os bimbios todos do mesmo groso. O artesán collia dez ou doce pezas iguais e deitábaas no chan, e logo outras tantas enriba das outras en forma de cruz; logo con outra vide ía cruzando un grupo por enriba e por debaixo do outro, e cun martelo axustaba uns contra os outros ata rematar a cesta. E alí estaba eu escoitando a parola do meu avó e do “Patrón”, e pendente da construcción cesteira.

Fun coñecendo as diversas actividades polas que íamos pasando, pero o obradoiro do Ferreiro foi o que máis me sorprendeu: alí estaba todo negro, o chan era terreño, o cheiro era diferente, o fume fedía, a fragua tiña lume e un rapas tiraba da corda dun fuelle para soplar no lume, e tiña a cara e as mans emborradas de negro, polo chan, contra as paredes había ferros, sachos sin mango, fouces, gadañas, bisagras con porlóns, machadas, patas de cabra e outras que non coñecía porque na casa non as tiñamos; as ferramentas tíñanas aparte e ordeadas, pero eu só coñecía os martelos e un martillón grande. O Ferreiro tiña un mandil de coiro e gorra na cabeza.

O labor

Metidos no lume había algúns ferros; o mestre sacou un con unha tenaza grande e pousou a parte vermella na zafra e co martelo pegoulle un golpe, e outro, e outro e o ferro foi cambiando de forma e fixo un punteiro, e logo voltou a metelo no lume e despois meteu a punta na auga e saiu fume; meu avó dixome que era para darlle o temple . Despois sacou outro ferro groso e o rapás co martillón – que lle chamou macho –, golpeou enriba do ferro no sitio onde lle sinalaba o ferreiro, e aquel ferro ía collendo a forma dunha machada. Tamén mirei como “caldeaba” para agrandar un legón.

O obradoiro era no barrio da Ponte, en santo Andrés de Comesaña, e coido que o ferreiro chamábase Cándido. Iamos alí con frecuencia e nunca levábamos presa, e como quedaba lonxe, si podía facernos o choio de contado, esperábamos alí, e mentras eles falaban eu observaba e xa decidira que quería ser ferreiro.

O devalar da vida

A mestra da escola quería que fora cura, pero eu non quixen; despois, botóns dun banco, pero eu tampouco quixen, porque eu sabía o que quería ser: ferreiro.

Ós 15 anos fun traballar a un pequeno taller mecánico no que había fragua e ferreiro. Alí revivín o obradoiro de Cándido: aprendín a darlle ó macho, a distinguir a cor antes do punto de fusión, a facer as miñas ferramentas e a templalas.

Non fun ferreiro, pero algo traballei na fragua.

O ferreiro é un oficio noble.

Texto: Telmo Comesaña outubro 2016

4 comentarios sobre “Quero ser ferreiro

  • el 15 de octubre, 2016 a las 12:21
    Permalink

    Curioso este oficio que, como en el caso de los pastores, está desapareciendo o será asumido por ecologistas de ciudad, que se vuelven a vivir al campo. Pero, siguiendo la idea del artículo de Javier, ahora lo que tenemos son máquinas-ferreriras o ferreiros, que en este caso sí llegamos a la no distinción de sexos. Los robots ferreriros son realmente precisos y están presentes en todas las fases de producción en la fabricación de los coches, que van a la cabeza en esto de máquinas de última tecnologia. Los ferreiros de los que hablas Telmo, quedaran como los “trovadores” de otras épocas del pasado, con todo ese encanto literario que damos a lo ya desaparecido y tan humano.

  • el 15 de octubre, 2016 a las 18:38
    Permalink

    Os robors poden facer aquilo que lle programan,pro, polo de agora, non poden crear arte, e disto hai moitos exemplos en vigo. A forxa artística non é robotica, ten a inspiración do momento e do sentimento do artista. O robot fai cousas repetidas, pro o artista non saca una exactamente igual ca anterior.
    Quero pensar que sempre teremos artistas sometenno o ferro aos seus impulsos emocionais respondendo a esa triloxía:home,lume e ferro.

  • el 16 de octubre, 2016 a las 19:47
    Permalink

    Ai rapás, pouco che queda por facere neste mundo, dende logo conseguiche ser ferreiro, eu tamén me identifiquei nalguns momentos, porque de nena tiña un veciño ferreiro e desfruteí moito cando el traballaba, e o do posible “ser cura” que era a ilusión da maestra…. ainda estás a tempo Telmo.
    unha apreta Telmo.

  • el 16 de octubre, 2016 a las 23:00
    Permalink

    Gracias Lola. Eres moi xenerosa, o que non sabía era que tiñas nocións de Ferreira. si che compre facer algo na fragua, avísame que podo procurarcha

Comentarios cerrados.