Terra meiga

cespez-nº1

Esta verde terra nosa
Que deitase enfurruñada
E levantase moi cedo
Coa cara alumeada

Onde andan polas noites
Membros da Santa Compaña
Polas noites andan demos
Anxos xa de madrugada

Días de inverno no verán
E no verán días de inverno
Hai veces co deus do mar
Mandanos moito mal tempo

Brancos cabalos de escuma
Montan sobre as ondas bravas
E ventos que rachan pinos
E pinos que arden coas lapas

Choivas que regan os campos
Campos por choivas regados
Dan de beber en Agosto
A nosos campos sagrados

¡Cómo non te ei de querer!
¡Cómo non te ei de arrolar!
Como se foras una nena
Nos brazos da sua nai

¡Galicia non pasa sede!
¡Nin no Inverno!
¡Nin no Verán!

MIGUEL Miguel Correa Nogueira

2 comentarios sobre “Terra meiga

  • el 6 de septiembre, 2015 a las 18:06
    Permalink

    Que bonito, me ha gustado mucho leer Terra meiga.
    Siga así
    Atentamente
    Guadalupe Aguilera.

  • el 7 de septiembre, 2015 a las 13:35
    Permalink

    Un canto á nosa terra, moi fermoso.

Comentarios cerrados.