Letras Galegas 2015

filgueiravalverdeXosé Fernando Filgueira Valverde

Figura destacada de Galicia no século XX. No ámbito intelectual galego se coñece co sobrenome de “O vello profesor”.
Nado o 28 de outubro de 1906 en Pontevedra, onde finou o 13 de setembro noventa anos despois.
Foi escritor, investigador, erudito e crítico en lingua galega e castelá. A Real Academia Galega acordou dedicarlle este ano O Día das Letras Galegas polo seu traballo divulgativo a favor da lingua e da cultura galega.
Membro fundador do Seminario de Estudios Galegos, Director do Museo de Pontevedra que dirixiu durante 44 anos, e Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.
Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega,(RAG), destaca de Filgueira Valverde o seu traxeito como polígrafo, que foi un importante prosista e que fixo interesantes incursións no ámbito da poesía. Un escritor que destaca por o rigor intelectual das suas obras con importantes aportacións á historia e á etnografía galegas e ó estudio da literatura galega medieval.
A sua obra é moi estensa, cunhas duas mil publicacións e catro mil intervencións en cursos e conferencias. Escribiu máis de trescentas obras sobre literatura medieval, historia e arte de Galicia, prosa, narrativa e ensaio, entre elas, Agromar (1936); Seis canciones del mar in modo antico (1941) ou a recopilación de artículos en Adral (1979-1996).
Lembrar que nestes 52 anos foron homenaxeados 52 autores nesta conmemoración abanderada por RAG, sendo a primeira Rosalía de Castro en 1963. Dende aquela , cada 17 de maio, Galicia honra as suas letras e a sua lingua.

Mary Ángeles

Foto: farodevigo.es

Un comentario sobre “Letras Galegas 2015

  • el 20 de mayo, 2015 a las 13:46
    Permalink

    No conocía a D.Xosé Fernando Filgueira Valverde, a quien este año se dedica el día de las letras gallegas. Muy buena acotación de su vida, dedicación y entrega en distintos ámbitos, tanto intelectuales como profesionales. Felicidades por el resumen de su vida y obra.

Comentarios cerrados.