Festival Letras Galegas 2.015

FestaLetrasGalegas2015O día 14 de maio de 2.015, celebramos no Centro Sociocomunitario de Coia-Vigo, o día das Letras Galegas, con actuacións de diversos grupos artísticos do Centro.

En primeiro lugar, o grupo de “Teatro entre amigos”, presentaron unha pequena comedia por eles mesmos ideada, que resultou moi entretida e divertida.
MaryAngelesA usuaria Mª Angeles toma a palabra para facer unha semblanza do Xose F. Filgueira Valverde, galardonado este ano pola Real Academia Galega, co premio das Letras Galegas 2.015.

A continuación o grupo coral “Novos Aires”, coa dirección de Conchi, cantaron varias cancións de autores galegos.
LetrasGalegasVentrilDespois seguiu o ventriloco Toño, co seu muñeco Lolo (un símpatico rapaz por él mesmo creado), que debutada nunha actuación con público e que fixo rir cos seus diálogos a todos os presentes.

O taller do grupo de Panderetas e Canto Tradicional, co seu monitora Maria Prego, cantaron tamén cancións galegas, acompañados dos seus instrumentos.
MiguelCenemeLG2015O usuario Miguel Correa recítanos un poema recordando a todos os grandes poetas galegos, sumándose así a esta celebración.

O taller de Armonicas tamén se suma á festa e o profesor Jacinto presenta aos alumnos que van interpretar de xeito individual algunha peza, así tocan, Juanjo Dominguez, Juan Alvarez, Joaquin Valverde e para rematar o profesor Albino Cortés. Despois todo o grupo tocaron varias pezas xuntos.
Seguiulles o grupo de armónicas “Acordes”, que deleitó aos presentes con varios temas.
Candela-Faro1-269x300A usuaria Candela Fernández, recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.
Para rematar e para pechar a festa, o grupo musical dos martes de “Os Bohemios”, tocaron varias das súas alegres cancións, incluíndo “Que tiene Vigo”, solicitada polo público e pecharon co Himno Galego.

Carlos Cordero
Fotos: Paco Dominguez

Un comentario sobre “Festival Letras Galegas 2.015

  • el 17 de mayo, 2015 a las 0:04
    Permalink

    Estuvo bien el festival y se percibió animación.
    Me gustó la obra de teatro; aún siendo corta lograron una sátira jugosa que nos hizo reír.

Comentarios cerrados.