Obradoiros da Concellería de Igualdade

A Concellería de Igualdade abre o prazo da inscripción para os obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA”, ”  e DE MUSAS A ARTISTAS. A MULLER AO LONGO DA HISTORIA DA ARTE ”

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscripción. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.
Inscripción previa desde o día 30 de xaneiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .
Máis información: www.igualdadevigo.org

risoterapiaObradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA”

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.

Obxectivo: promover a mellora da saúde física, mental, emocional e social das mulleres a través da risa

Contidos:
– Sentido do humor: aspectos psicofisiolóxicos.
– Qué me fai rír: risa activa, risa pasiva.
– Pensar en positivo: as miñas emocións.
– Respiración alegre: ximnasia da risa.

O desenvolvemento do programa constará de 20 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.

Período e horarios:os luns desde o 16 de febreiro ata o 27 de abril, de 10:00 a 12:00 h.

sofonisba-anguissola-1532-1625 Obradoiro: “DE MUSAS A ARTISTAS. A MULLER AO LONGO DA HISTORIA DA ARTE “
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.

Obxectivo: difundir e visibilizar a relación existente entre as mulleres e a Arte a través dun percorrido histórico.

Contidos:
– O coñecemento sobre a historia da Arte desde unha perspectiva de xénero.
– Os distintos movementos artísticos e a situación das mulleres neles.
– A evolución dos papeis das mulleres: as musas e as deusas, as primeiras pintoras, a arte feminista, as comisarias, as historiadoras, etc.

O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Período e horarios: os mércores desde o 25 de febreiro ata o 20 de maio, de 18:00h a 21:00 h.”

Redacción

Fuente: http://xornal.vigo.org