Saída do Taller “Vigo uhna cidade con historia”

Mirambell5A tarde do martes 9, o alumnado (e o profe) do curso “Vigo, unha cidade con historia”, que se imparte no Centrosociocomunitario de Coia-Vigo, visitamos a villae romana de Mirambell máis o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Vigo, recentemente aberto.
Guiounos na visita Nestor, un rapaz que ademais de saber un montón sobre a historia do mundo romano, sabía transmitir de marabilla os seus coñecementos.
Comezamos vendo os restos escavados da villae romana, unha casa nobre centrada na explotación dos recursos mariños (proba de elo é a salina que se atopou), habitada entre os séculos IV e V d.C. Nestor díxonos que o que agora vemos é só unha parte do xacemento, xa que se sabe que os restos continúan nas zonas da finca que aínda están sen escavar.
Mirambell1Vimos a zona das termas, coas piscinas e estancias quentadas cun sistema de calefacción chamada hipocaustum, semellante aos nosos solos radiantes. Tamén nos ensinou as lareiras na zona da culina ou cociña.
Mirambell2Xa dentro do Centro de Interpretación aprendemos moitas cousas sobre a cultura romana en Vigo. Nestor falounos sobre outros pobos que chegaron ás costas viguesas antes que os romanos (como por exemplo os navegantes púnicos), e como o Vigo romano foi en primeiro lugar unha zona industrial: as salinas, as cubetas de salga e os fornos para cocer ánforas atopados no entorno da rúa Areal, fálannos de que na nosa cidade alá polo século I d.C. facíase o proceso completo da conserva do peixe: dende a pesca ata o envasado, pasando polo salgado.
Mirambell3Tamén estivemos falando doutros restos romanos atopados na nosa cidade (como na illa de Toralla, ou na rúa Marqués de Valterra,…), e en fin, pese ao frío pasamos unha tarde moi agradable en compaña dos nosos antepasados os romanos.
Mirambell4O xoves 18 temos a última clase deste trimestre, e despois todos a gozar co Nadal. Bo Nadal a toda a xente do curso (e ao resto dos usuarios do Centro Social), e que teñades un ano 2015 moi ditoso !!!

El monitor del taller; Eduardo Rodriguez