Taller “Vigo unha ciudade con historia”

Vigo-y-su-historia3Nos últimos anos, o avance do coñecemento histórico en Vigo está a ser espectacular: xorden novas teorías sobre a orixe da cidade, prodúcense novos achados arqueolóxicos,… Aproveitando este pulo, pensamos que é un bo momento para contar que Vigo é unha cidade con Historia.
Vigo-y-su-historia4Neste curso que imparto no Centrosociocomunitario de Coia-Vigo, achegarémonos á historia local dun xeito rigoroso pero ameno, presentando as últimas liñas de investigación sobre a nosa cidade. Ademais, o alumnado terá a súa disposición unha páxina de Facebook (www.facebook.com/HistoriaVigo) con recursos, novas de interese, materiais usados no curso,… para que, se o desexan, poidan afondar máis no traballado na aula.

Vigo-y-su-historia2O obxectivo a acadar é ben claro: desmontar o manido tópico de que Vigo é unha cidade sen Historia, comezando o noso relato histórico hai miles de anos ata chegar aos nosos días.
Vigo-y-su-historia1Ata o momento estivemos facendo un repaso ás pegadas da humanidade prehistórica en Vigo, comezando polos remotos tempos paleolíticos, ata chegar á Idade de Ferro, coa presenza de 27 castros da cultura castrexa dentro do término municipal de Vigo. Remataremos o trimestre falando da romanización e os comezos da Idade Media, para seguir avanzando durante o 2015 no coñecemento histórico da nosa cidade.

Texto: Eduardo Rodríguez

Fotos: Carlos Cordero

Un comentario sobre “Taller “Vigo unha ciudade con historia”

  • el 11 de noviembre, 2014 a las 0:35
    Permalink

    Buena idea poner un facebook sobre historia de Vigo. Mis felicitaciones Eduardo. Alex- monitora del taller de literatura

Comentarios cerrados.