Certame “Xuventude Crea”

cartel-XC14_modaComo en pasadas edicións, este ano 2014, a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar convocou, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o programa Xuventude Crea, sección Moda, publicado no DOG do 7 de maio de 2014. O programa ten, como obxectivo primordial, facilitar á mocidade deseñadora o desenvolvemento dos seus proxectos e a mostra das súas creacións.

Con este motivo, informámoslles que a final do Certame e o fallo do xurado terá lugar o vindeiro 6 de novembro, ás 12:00 horas, na planta 1ª sección muller de “EL CORTE INGLÉS” de Vigo, onde tamén se exhibirán os deseños de premiados e finalistas.

Redacción