AFAGA cumple 20 anos

Publicamos a continuación la comunicación que nos envían a esta Revista del Centrosociocomunitario de Coia-Vigo, desde:

A.F.A.G.A. Asociacion de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia

utilidades_imagenes.inc.phpCo motivo da celebración do 20 Aniversario de Afaga, temos programadas unha serie de actividades dirixidas aos socios e familiares da asociación.
Organizamos unha interesante actividade para traballar cos recordos e aprender cousas novas sobre a nosa cidade, Vigo.

‘A cidade na memoria’ consiste en facer un percorrido a pé polos lugares emblématicos e entrañables da cidade de Vigo, eses recunchos cheos de tradicións e lendas, cheos de recordos que marcaron episodios importantes de historia da nosa cidade e seguro que, en máis dunha ocasión, das nosas vidas.

É unha grande oportunidade para traer á nosa memoria aqueles datos esquecidos, para recordar o que parecía perdido e para aprender algo máis sobre o noso Vigo, na que nos gustaría que participásedes cos vosos familiares.
Trátase dun percorrido sinxelo, que dará comezo diante do Concello, na praza do Rei, e que finalizará no Berbés.

Percorrido andaina: Concello de Vigo – Praza do Rei (inicio), Castelo de San Sebastián, Rúa Ferrería, Porta do Sol, Praza da Constitución, Colexiata, A Pedra, Rúa Real, O Berbés
Duración aproximada: hora e media
Data: 14 de xuño
Saída: 11:15 horas
As persoas interesadas deberán apuntarse en Afaga, no teléfono 986 22 97 97 ou no e-mail: a.sociocultural@afaga.com. A actividade é gratuíta.

Colabora connosco

Se miras ao teu arredor, observarás que existen moitas persoas con enfermidades dexenerativas, como o Alzheimer, que lles impiden levar unha vida autónoma e necesitan doutros para desenvolver as actividades do día a día. Ofrecerlles axuda tanto aos enfermos coma aos seus familiares, así como defender os seus dereitos e mellorar o seu benestar son os nosos principais obxectivos.

Para conseguir esta importante labor necesitamos o apoio de persoas como ti, porque ti podes axudar a facelo posible.

http://www.afaga.com

Para más información sobre cursos:

<pedagoga@afaga.com

Redacción