“Miña Cruz”

PoesíaTúaCarmenAínda que estás comigo

Non te sentía.
Ías sempre ao meu lado,
mais eu soliña.

Cando o vento viraba as túas follas,
marchaban dun lado, de outro as miñas.
Ti andabas sen esperarme eu nunca te alcanzaba.
Choraba por dentro forte.

Un día xa non estabas
E foise a luz.
Agora camino soa
coa miña cruz

Túa Carmen