Desde mi Desván

meu-avó1¡¡¡Quero o meu avó de sempre!!!

Son as 6 da mañán o meu avó Pedro dende hai 3 anos, está a face-lo mesmo: almorza unha taza de pan con leite, ponse coma unha rosa de juapo, colle o bombo, a sua camiseta amarela e marcha pa rúa. ¡ate logo rapariga!, ti ó instituto eu o meu traballo.
— pero avó, si ti xa estás xubilado da Sitroen ¿onde vas a traballar…? ¡deicalogo nena, a volta explicareicho con calma!.

Volto do instituto, a mamá hoxe está de turno, enton comeremos os tres soios, axúdolle a avóa e cando o cuco do reloxio da a 1 h, aparece pola porta o Pedro, ven canso, ¡moi canso!, deixa o bombo, aflóxao e dille: ¡ate mañán compañeiro!.
Meu-avó2Comemos en silencio, a avóa tamén leva 3 anos sufrindo moito, o rematar a comida dígolles: Quero que me expliquedes ¿por qué tanta tristura? ¿por qué está a terra sen traballar? ¿por qué non vades de viaxe co Imserso, e o tellado segue sen botar novo?.
Lourdes, miña rapariga, escoita esta historia que parece un conto, pero non o é.
Fai 60 años que nos emigramos a Alemania, dende alá mandabamos os cartiños pra levantar España que estaba chea de fame pola postguerra, esos aforros foron parar o banco no que tanto confiabamos, e agora cando os necesitamos dixéronnos que non estaban, escaparon con eles os xefes gordos pra se enriquecer a conta do traballador… (a miña avóa asenta todo o que di o Pedro) pero avó, ¿e que ten que ver todo isto co bombo?  -é para escarallarlles o cerebro, que se cansen de unha vez e nos manden pra casa co diñeiro- ¡¡¡xa comprendo!!!
Hoxe aprendín algo para o meu futuro de esta historia, estudaréi, traballaréi, ei disfrutar, viaxar, pero non meteréi os aforros no banco, e tamén iréi o conservatorio para tocalo bombo, a gaita, o tambor, a flauta traveseira… ¡pero rapariga!, ¿para que tantos instrumentos?.
¡¡¡Para escarallarlles o cerebro!!!

Gaviota

 

Gaviota

4 comentarios sobre “Desde mi Desván

  • el 30 de mayo, 2014 a las 11:50
    Permalink

    Muy bueno Gaviota. Ya echaba de menos estos relatos tuyos de poeta con toda la fuerza del mundo. Gracias por hacer este relato de la vida real, con fuerza y el lenguaje del avó. Un abrazo. Alex

  • el 30 de mayo, 2014 a las 21:10
    Permalink

    Hola Gaviota, es una historia real muy triste. Felicito al abuelo por ser tan valiente ,tenaz e inteligente “porque la única lucha que se pierde, es la que se abandona”
    Gracias en nombre de todos los perjudicados.Seguro que lo conseguireís.
    Atentamente
    Guadalupe Aguilera.

  • el 2 de junio, 2014 a las 15:13
    Permalink

    Ante todo decirte que echaba de menos estas historias tuyas y me alegro de que vuelvas a escribir.
    La historia que nos cuentas de una manera o de otra estoy segura de que está pasando en muchas más casa. Es la triste historia de muchas familias trabajadoras, que ahorraron privándose de cosas que seguramente les hubiera gustado tener o hacer pensando en “el día de mañana” y unos vieron sus esfuerzos frustrados por unos “banqueros” que o no supieron hacer bien su trabajo o sin ningún escrúpulo se apoderaron de el dinero de aquellos que depositaron en ellos su confianza y sus ahorros.
    Gloria.

  • el 8 de junio, 2014 a las 20:41
    Permalink

    eu tamén toquei o bombo, e a Caixa,e a corneta, e calquera trebello que aparecerá por alí. Dous anos,de loita,e vencemos. E deixamos un ronsel de resistencia como non se coñecía, cecais en toda España. Eramos vellos,si, pero demostramos una constancia e una resistencia que queda na história desta cidade. E penso: (los parados de Vigo) Si somente 5000 se votan a deambular polas rúas todolos días, non hai gobernó que resista.

Comentarios cerrados.