Solidarios con Filipinas

CentroCoia-VigoComo en ocasións anteriores algúns usuarios propóñennos que organicemos algo co fin de recaudar fondos para a catástrofe de Filipinas.  As empresas que traballan co Centro (cafetería e os diferentes monitores) colaboran ca súa aportación para rifar dúas bomboneiras, por unha parte, e trimestres de balde nas diferentes actividades

medicos sf

O noso Centro sempre se envorca con este tipo de desastres que deixa a moitas persoas afectadas, na anterior ocasión a nosa solidariedade chegou a materializarse en 6.290 € que se entregaron naquela ocasión a Médicos sin Fronteras  

A día de hoxe xa se ingresaron na conta de Unicef 535 € como aportación dos usuarios de este Centro. Seguiremos ingresando ata o 19 de decembro.

A día de hoxe xa se ingresaron na conta de Unicef 535 € como aportación dos usuarios de este Centro. Seguiremos ingresando ata o 19 de decembro.

 No mesmo sentido os membros dos grupos de “Cociña entre amigos” propoñen colaborar na recaudación  co que saben facer mellor: preparando algún tente en pé de eses que vemos nas súas receitas que se venderá entre os usuarios nos próximos días.

63673_N_12-11-13-20-16-21Según EFE: O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) en España, cualificou como “terrible” a situación dos nenos en Filipinas tralo paso do tifón Haiyan. Segundo o organismo internacional este sector da poboación quedou “absolutamente sen nada”, xa que non teñen acceso a auga nin alimentos nin acubillo.

2013_11_13_No_04-Dibujo

A especialista en comunicación en urxencias de Unicef España, Diana Valcárcel, afirmou
“Os nenos son os máis vulnerables neste tipo de urxencias, porque se quedan desprotexidos”,  quen destacou que se descoñece o número total de nenos que perderon a vida pola catástrofe. “Nin sequera podemos dar a estimacións por seguras porque aínda quedan zonas ás que non se puido acceder”.

“Tamén hai que restablecer canto antes a educación porque para os nenos é moi importante ter ese sentimento de normalidad na súa vida logo de vivir un trauma tan grande”, dixo Valcárcel.

“Estamos moi agradecidos pola colaboración pero isto necesitará muchísimos fondos para que os nenos poidan ter de novo unha vida normal en Filipinas”, insistiu.

Redacción