Novembro

 

MAGOSTOBieito Novembro que ves anunciando

Respeto para os mortos que xa nos deixaron
Novembro ventoso de follas coidado
Que barren as tumbas dos que xa marcharon

Tempo de magostos que quentan os dedos
Das chuvieiras e do vento atrouxado
Falade quediño, bebede o mosto sagrado
Achegádevos o lume a tomar o caldo

Novembro que és antesala de Decembro
Tempo de lecer, de festas brandido
Tempo de ilusions, comenzo do Inverno

¡Ollade rapaces, xa vaise Novembro!
¡Adornade a casa pra o mes do balbordo!
¡Pechade ben a porta que entra o Inverno!

miguel1

Ceneme

Un comentario sobre “Novembro

  • el 28 de noviembre, 2013 a las 11:13
    Permalink

    Si; Miguel. Así é
    Quen poidera ter o don que ti tes.
    Encrucillado mes é Novembro
    Novembro, tempo de cambios.
    A noite pola luz, o inverno polo veran.
    A vida pola morte.
    Novembro nolo ven a anunciar.

Comentarios cerrados.