Obradoiro de Filosofía: “Alexandría”

AlexandriaA finalidade das nosas accións é facer o ben e a través do ben chegar á Felicidade. Pero o que realmente nos fai felices non é a meta senón o camiño: facer o ben. Neste camiñar existen pequenas metas cos seus propios camiños pasaxeiros. Así o pobre busca o camiño da riqueza, o enfermo o da saúde, o desafiuzado o da esperanza, etc. O ben é unha virtude, polo tanto a Felicidade é Virtude: a forza moral que nos empurra a camiñar.
A maior das virtudes é a Sabedoría pois a súa falta trae ignorancia e a ignorancia trae dor e a dor é a manifestación do mal e mal é o contrario de ben. Pero non interesa tanto saber o que é Virtude senón facela, poñela en práctica, ou sexa, facer o ben. Pero, Como non se equivocar á hora de levar a cabo o ben?
Estas son as reflexións que nos ofrece Aristóteles quen tamén nos ofrece a resposta: “A Virtude é o punto medio entre dous vicios (excesos e defectos; por exemplo: temeridade e covardía, desprendido e forrón, despreocupación e obsesión). Cando non saibamos como actuar a opción que debemos escoller é a menos mala (a menos forrona, a menos covarde, etc.).
Aristóteles foi discípulo de Platón como antes este o foi de Sócrates. Todo camiño precisa de pasos e todo paso presenta dúbidas e aínda que os alumnos sigan o camiño emprendido polos mestres o seu camiño é persoal e as súas dúbidas tamén. Todos os mestres foron antes alumnos e todos os mestres tiveron as súas escolas. Que escola debe elixir un aprendiz para realizar o seu camiño…? Debe renunciar aos pasos dados por un mestre por elixir o camiño doutro…?

Dun lado Platón contra Aristóteles e viceversa; Ideas contra Sensacións e viceversa. Doutro lado Occidente contra Oriente e viceversa; Meditación contra Comprobación e viceversa. Tal é o problema que latexa, nos inicios do século II d. C., nas escolas de Alexandría, cidade do norte de Exipto fundada en honor ao emperador Alejandro Magno. Como solucionar as doutrinas procedentes de diversas escolas ou correntes de pensamento?.  A procura da resposta destas cuestións levou ós filósofos  daquela terra e daquel tempo ao estudo de todas as doutrinas para despois seleccionar o valioso de cada unha e, minimizando o que as diferenza e agrandando o que as une, descubriron que en moitas ocasións as diferenzas eran simplemente de terminoloxías ou redacción.
Así naceu en Alexandría o “Eclecticismo” postura filosófica que mira dende todos os puntos de vista e compara todo con todo evitando fanatismos. Os/ás filósofos/ás do eclecticismo farán confluír as distintas escolas filosóficas e darán un gran paso no saber ao contrapoñer e refundir todos os coñecementos. Do estudo e concordancia delas coas doutrinas de oriente nacerá O Misticismo, unha nova forma de buscar o saber que inundará durante séculos o cristianismo.

Roxelio

 

Roxelio Álvarez

4 comentarios sobre “Obradoiro de Filosofía: “Alexandría”

  • el 24 de agosto, 2013 a las 16:13
    Permalink

    me gustan, estos comentarios; son buenos para la reflexión..

    • el 30 de agosto, 2013 a las 8:26
      Permalink

      A reflexión é dubida. Xa está dito: dubido? logo penso. penso? logo existo.

  • el 24 de agosto, 2013 a las 20:13
    Permalink

    c. Prácticas como la Psicopatología que todo psicólogo llevará en su currícula universitaria, corresponde –a parte de la falta de delimitación del objeto de estudio psicológico- un tipo de integracionismo teórico (Millon) y de eclecticismo práctico (técnicas psicométricas y proyectivas como formas usuales de evaluación). Otro ejemplo significativo, es cuando los mismos profesores enseñan a sus alumnos a explicar un fenómeno psicológico en concreto (por ejemplo de agresividad), desde distintas posturas, visiones, paradigmas y/o autores dándoles a sus estudiantes una visión más amplia y completa de explicación. Práctica que el alumno acata como correcta (eclecticismo teórico).

    • el 30 de agosto, 2013 a las 8:36
      Permalink

      A este erudito comentario que supera meus coñecementos so atrévome a responder que a visión do ínfimo debe servirnos para buscar amplas miras para unha maior comprensión do mesmo; e, co aprendido na viaxe aredor do minúsculo, voltar despois ao ínfimo. Veremos a este con novos ollos e sentirase agradecido o sentir que non o tíñamos esquecido.

Comentarios cerrados.