O Estoicismo: Deus e Ética.

Estoicismo1Nada acontece sen explicación. Hai unha razón para todo na natureza. Existe unha “forza” activa que está por todas as partes, coexistindo coa materia. Un “espírito” profundamente infuso que, xerminando e desenvolvéndose como unha semente, está no corazón de todo o que existe. É unha parte de “Deus”. E non hai un Deus fóra da natureza ou do mundo; é o mesmo mundo, na súa totalidade, o que é divino, o que xustifica que a crenza nos deuses, malia a súa heteroxeneidade, sexa universal. Así pensaban os estoicos.
Como xa vimos noutros artigos anteriores, o termo estoicismo provén do lugar no que Zenón comezou, no ano 301 a. C., a dar as súas leccións na Stóa –estola, pórtico, cuberta- e que pronto atraeu numerosos seguidores quen continuarían e expandirían a súa filosofía. O estoicismo foi a última grande escola de filosofía do mundo grego en ser fundada, e continuou existindo no imperio romano ata que no ano 529 d. C. o emperador Justiniano clausurou a Escola de Atenas o tempo que considerou apropiado promulgar por lei a crenza da Igrexa na Trindade (3) e na Encarnación, ameazando ós herexes con castigos escusándose en que intentaba evitar que se perturbara a ortodoxia cristiá. O estoicismo foi a clave do pensamento que levou a Roma a ser o imperio por excelencia de occidente. E por iso compre repasalo novamente.
Para os estoicos Deus era Lume (a enerxía activa) e Logos (a razón) difundida ao longo do Cosmos. -Enerxía, acción e razón- (3). Creron, tamén, que a Lei de Natureza era a presenza material de Deus no universo. Deus era Causa, Providencia e Destino (3) de todos os seres. O ser humano só se lle permite a liberdade dentro do contexto dunha persoa que aceptou internamente a necesidade cósmica. Deus é o lume que xermina a semente (faísca vital) que se ten no interior, a “razón de todas as cousas e as causas do que era, é, e será” (3). Esta enerxía era o principio vital da cal florece toda a flora e fauna.
Os estoicos crían na alma e creron que Deus é para o mundo o que a alma é para o home. Declararon que o Cosmos debe verse como un só, un Todo, e a súa variedade ven dada porque dada por ás fases cambiantes que se producen no cosmos nun tempo que supera en moito o que vive o ser humano. Por conseguinte, para os estoicos, a natureza real dunha persoa humana é a universal pero nunha escala máis pequena, un microcosmos.
p-tibaldi-escuelaatenasDeus, Alma do mundo, en todo penetra e todo o enche. Do mesmo modo, a alma humana satura e respira a través de todo o corpo como un “fragmento da forza divina universal que aínda non está completamente separada do pai-acción”. Nós, humanos, somos a descendencia de El, do Pai-Acción, de Deus!. Os estoicos, xa que logo, proclamaron que se pode alcanzar a liberdade e a tranquilidade tan só con ser alleos ás comodidades materiais, a fortuna externa, e dedicándose a unha vida guiada polos principios da razón e a virtude. Non hai un Deus fóra da natureza ou do mundo; é o mesmo mundo na súa totalidade o que é divino. As comodidades materiais e a fortuna externa soamente son ídolos humanos.
Os estoicos tamén desenvolveron unha ética, que estaba centrada na Virtude. Crían que a virtude debía ser a lei que gobernara o Universo como “partículas de razón que hai en cada un de nós”. De feito, as leis humanas existen porque as persoas recoñecen esta obriga de actuar en virtude  -de xustiza, responsabilidade e liberdade- é unha obriga que ben dada de recoñecer a Deus. Esta ética individual debía expresarse, tamén, dentro das ideas de comunidade. O individuo debía recoñecer a “sociedade de seres racionais da cal el formaba parte e debía subordinar a súa finalidade individual ás finalidades e necesidades da súa sociedade”. Esa sociedade debía expresarse formando cidades e as cidades así gobernadas serían cidade de Zeus.
Esta cidade de Zeus -Reino de Deus- era o ideal de cosmopolis. Nesta cidade, os estoicos concibían que todo estaba ordenado pola razón e todo se facía traballado intelixentemente. Os cidadáns existían para a “causa común”, traballando para proporcionarse o ben mutuamente. A devandita comunicación encontraba a súa expresión na xustiza, a amizade, a familia e a vida política. Declararon con valentía que non existían diferenzas entre  “romano e  bárbaro”, “home e a muller”, “atadura e liberdade”. Todas as persoas eran membros de “un corpo compartido na razón”.
No campo relixioso, os estoicos sentiron que os seus elementos esenciais non eran as cerimonias ou o sacrificio, senón a oración, o auto-coñecemento e a loanza. “Deus traballa mellor no altar do corazón cando hai desexo de coñecelo e obedecelo”.
No tempo de esplendor da filosofía estoica, e no mesmo ano que naceu Séneca, senador romano, un home viu ó mundo en Xudea, rexión da provincia romana de Siria. Ese home foi coñecido como Xesús de Nazaret e diría que o Deus dos xudeos era Pai de Toda a humanidade. Que a ese Pai se chega a través do próximo. Tamén dixo que renunciando as fortunas individuais e preocupándose polo benestar do próximo se alcanza o Reino de Deus, un reino que tería a súa gloria no futuro pois esas ideas non podían triunfar no mundo actual. “meu reino non é deste mundo”. Pero debemos obrar en virtude para acelerar a chegada do Reino.
As ideas de Xesús de Nararet foron espalladas polo mundo grecorromano, de pensamento estoico, por Poulo, coñecido como San Pablo, o decimoterceiro apóstolo, pero o fanatismo e as ansias de poder contaxiaron as fermosas propostas de irmande no universal e acción no próximo.

Un saúdo,
Roxelio Álvarez

Fotos:http://politeia-ulises.blogspot.com.es/2010/04/los-estoicos.html

Un comentario sobre “O Estoicismo: Deus e Ética.

  • el 25 de julio, 2013 a las 10:00
    Permalink

    Thank you for provide good information about this, this content must be write by expert…

    (Gracias por proporcionar una buena información al respecto, este contenido debió ser escrito por expertos …)

Comentarios cerrados.