Sendeirismo: “Camiño a camiño”

Parécenos de interese para os usuarios que queran ocupar os domingos con unha actividade saudable, de coñecemento do entorno e de relación. Para máis información podedes chamar o 010 (teléfono de información do Concello de Vigo)

  Programa de educación medioambiental Camiño a Camiñodesenvolto pola Concellería de Medio Ambiente ten previsto para o segundo trimestre de 2012 unha programación que combina as rutas medioambientais clásicas por Vigo e bisbarra con rutas por Galicia e con actividades dirixidas especificamente ao público infantil e familiar e ao público xuvenil.
Camiño a Camiño” busca combinar a sensibilización medioambiental co fomento de hábitos saudables entre a cidadanía viguesa. Nesta edición terán incorpóranse obxectivos formativos e de iniciación a actividades en medio natural.

Para profundizar nos contidos programados nas rutas, a maioría delas organízanse en bloques de 2 ou 3 fins de semana, tratando así durante ese período contidos específicos como as zoas húmidas, a configuración da Ría de Vigo ou os faros da ría.

De cara a poder desenvolver un programa amplo e diverso de actividades, aquelas desenvoltas fóra do termo municipal de Vigo terán que aboar directamente o custo do desprazamento.

Redacción

Un comentario sobre “Sendeirismo: “Camiño a camiño”

Comentarios cerrados.