Conciertos comentados en el Marco.

marco.jpgQueremos recoger la nota de prensa que nos envia puntualmente el museo Marco, donde le informamos del ciclo de conciertos comentados que se van a celebrar este mes.

“O MARCO e o Conservatorio Superior de Música de Vigo, a través da súa Aula de Música Contemporánea, que dirixe Nicasio Gradaille, queren conmemorar o 50º aniversario deste evento presentando catro concertos comentados sobre a música do autor estadounidense e dos seus contemporáneos. Ademais dunha versión do Concert for Piano e outras pezas de Cage, o programa inclúe música de Morton Feldman, George Crumb, e o recentemente falecido Karlheinz Stockhausen.

Ademais do departamento de piano, participa na organización destes concertos o departamento de percusión do Conservatorio Superior de Música —profesor Viçent Grau— a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) —profesoras Ana Serna, Zaida Gómez e Ana Contreras— Isabel Abril, profesora de viola do Conservatorio Superior de Música, e o director de orquestra Diego García Rodríguez.

Os concertos contan coa participación de máis de trinta intérpretes entre alumnado e profesorado, ademais da colaboración da pianista Cecilia Blanco Formoso, o clarinetista Santiago Comesaña, e a D.J. Estela García Ballesteros.

PROGRAMA.

Luns 21 abril
A música para piano e percusión de John Cage”

As obras deste programa corresponden aos anos corenta, un período no que John Cage compuxo música para danza, e concretamente para coreografías de Merce Cunningham, con pezas que utilizan elementos típicos do jazz, cheas de humor e de ironía. Intentando revivir esa época, as profesoras da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Ana Serna e Zaida Gómez encargáronse de elaborar unha coreografía para dous das tres pezas do programa.

Parte da acción comeza no exterior, xunto á fachada principal do MARCO, como homenaxe a John Cage polo seu carácter performativo, a súa utilización dos espazos e o seu gusto pola improvisación. Na execución da peza, que une percusión e danza, participarán 17 alumnos da ESAD e dous alumnos de percusión do Conservatorio Superior de Música. Unha vez finalizada a acción, o concerto terá lugar no salón de actos.

Martes 22 abril
A música de Karlheinz Stockhausen”

Compositor falecido a finais de 2007, Karlheinz Stockhausen é unha das figuras máis importantes e influentes da música do século XX. Participou activamente nos cursos de verán de Darmstadt, centro da vangarda musical europea durante moitos anos, e explorou todo tipo de linguaxes musicais, abrindo numerosos camiños na composición. Neste concerto faremos un percorrido comentado polo máis significativo da súa extensa obra.

Xoves 24 abril
John Cage e a música experimental”

Este concerto aborda algunhas das pezas máis experimentais de John Cage e doutros compositores. De Cage escoitaremos The Perilous Night, unha das pezas máis importantes para piano preparado, e Concert for Piano, que pertence ao período compositivo da indeterminación. En 2008 cúmprense 50 anos da estrea en Nova York desta obra, que causou un grande impacto por chegar tan lonxe nas súas formulacións. Foi precisamente este aniversario o que inspirou a posta en marcha deste ciclo de concertos. Ademais presentarase unha obra de Música Intuitiva de Stockhausen e dúas pezas do Makrokosmos IV de George Crumb, unha obra que explora multitude de recursos tímbricos no piano.

Sábado 26 abril
“Música para Ensemble”

A primeira parte estará dedicada a Morton Feldman, compositor que xunto con Cage e outros formaron a chamada New York School, e á súa obra The Viola in my Life, que explora sons instrumentais nos límites do audible. Está escrita para viola solista e violín, cello, piano, clarinete, frauta e percusión. A segunda parte corresponde á obra de George Crumb Ancient Voices of Children, para soprano, boy soprano (soprano), piano, óboe, mandolina, arpa, serra musical e tres percusionistas. Nesta obra, escrita para textos de García Lorca, o compositor leva a cabo unha combinación instrumental e un xogo de sonoridades do máis orixinal.

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Departamento de Comunicación .