Unha petición que cremos xusta

O pasado martes 12 de Febreiro, celebrouse a reunión mensual dos Delegados elixidos democráticamente por os respectivos talleres que se imparten no noso Centro Social e entre os asuntos que se trataron atopábase os programas “Coñece ou te pais” e “Galicia Natural, que promociona e subvenciona a Vicepresidencia da Xunta.
Chegando a este punto coméntanos a nosa directora, que están destinadas a maiores de 65 anos, o cal deu lugar a un debate entre os asistentes ao entender que se debería por parte da Vicepresidencia, rebaixar a idade para poder beneficiarse dos mesmos un maior número de usuarios, tendo en conta que o noso Centro Social (que non Terceira Idade), ten un gran número de usuarios na franxa de idade 58/63 anos, que ata certo punto vense discriminados, pois aínda que non sexan pensionistas, son persoas prexubiladas, viúvas, separadas, fillos con minusvalias, etc. Acórdase na reunión por todos os asistentes, remitir a través dos Voluntarios e da Revista Dixital do Centro, un Correo Electr. á Vicepresidencia, pois cremos que é un xeito de reivindicar esta situación e ao mesmo tempo téñase en conta unha petición apoiada por un Centro Social que conta con mais de 4.000 usuarios.
Basamos esta petición con o pensamento posto en unha serie de carteis que hay colgados nos tablons do Centro que entre outras cousas din:
“Os nosos obxectivos”
– Fomentar a convivencia e o respecto entre tódolos membros do Centro.
– Potenciar o respecto pola diferencia evitando a descriminación de todo tipo: racial, sexual, económico, xeraional…, impulsando a tolerancia a credos e conductas de distinta orixe cultural ou relixiosa.
– Potenciar la participación activa dos usuarios de forma que se sintan axentes do seu propio desenvolvemento.
– Garantir a libertade de expresión de tódolos membros do Centro.
Non entendemos que por unha parte se promova estes mensaxes tan integradores e por outra se discrimine a unha serie de persoas que según as propias políticas da Xunta, teríase que proteger
Esperando estúdese esta petición, saúdanlles atentamente,

Voluntarios do Centro Social de Coia-Vigo