Leis contaminantes

maltrato.jpg

Unha nova epidemia
invade o noso entorno,
os gobernantes son cegos
moitos xuices están xordos.

Pois non escoitan os berros
de esas mortes anunciadas e conceden liberdade
a quen ten as mans manchadas.

Descúlpanse cunhas leis
que é ” indecente” aplicalas,
diganmen, ¿Por qué o fan,
se é mais doado cambealas?

Se unha lei non e xusta
pra xulgar a un ser humán,
se o servicio dos mais febles,
ditas leis non están;
¿Porqué non se cambian,
se é o home quen as fai?

O peor delincuente
ten dereito a un avogado,
pero a maltratada,
nen respeto lle é brindado.

E, no me poñan coma escusa
que a violada era unha puta.
con respecto as violacións
fágolle unha pregunta.

Se Vde. ten unha propiedade
¿Pode negociar con éla? Non, si?
verdade que é delito que lla quiten
se vostede non quere vendela?

Supoñendo que lle leven
a casa,unha leira, un monte,
¡Nada lle acontecerá!,
mentras que a dignidade da muller
endexamais se recuperará.

Coa miña rabia contida,
dígolle a eses xuices
que usaron de atenuante,
un baqueiro axustado,
e unha mini exuberante.

A min, provócame seu coche,
seu chalé, seu salario,
seu confort, e seus criados;
¡Pero non vou a roubarllos!!

A algúns xuices e políticos
teremos que preguntarlles;
¿Hai mulleres no seu seo familiar?
¿E vostedes, de donde nacen?

¡¡Que vergonza, que atropello,
e que gran contrariedade,
que en nome do amor
o sexo teña prioridade!!

E sexa polo que sexa,
en nome da muller abasallada,
cambéen axiña esas leis
que van contra a maltratada.

Senón, a todolos afectados,
haberá que por en cuarentena,
¡¡Namentras non remita
Esta machista epidemia!!

A moca

2 comentarios sobre “Leis contaminantes

  • el 12 de febrero, 2008 a las 20:30
    Permalink

    ¡Como me gusta la forma en que esta redactada la cruel realidad!

  • el 15 de febrero, 2008 a las 20:37
    Permalink

    Que sensivilidade tes segue defendendo as inxustizas.

    Data15/02/08

Comentarios cerrados.