Cea de entroido do Centro Social

100_4448.jpg100_4459.jpgO venres día 8, o Centro Social de Coia celebrou o seu fin de festa do entroido cunha cea- baile no hotel Coia.
A festa estivo moi animada grazas a todos os asistentes,  en especial ós  que acudiron 100_4451.jpg100_4452.jpgdisfrazados, pois  encargáronse de poñer a nota de cor na celebración.
Pouco antes de cear o grupo Rebuldaina, con vinte persoas disfrazadas de Hawaianas e os seus traxes multicores, animaron o ambiente con 100_4458.jpg100_4473.jpgcancións populares Galegas, á vez que ían chegado máis disfraces; destacando un grupo que representaba a película “o que o vento  levou” cós seus traxes e maquillaxes moi logrados, e un trío moi orixinal representando a Ágata Ruiz da 100_4476.jpg100_4493.jpgBraga.
Na sobremesa animou a velada un grupo musical que invitou a todos a bailar, facendo un descanso para dar paso á actuación do grupo de Hawaianas coas súas cancións de propia creación e,100_4489.jpg 100_4485.jpga continuación, o trío Ágata Ruiz da Braga cunhas parodias.
A festa prolongouse ata as tres da madrugada.
Germán