O grupo “dos Bohemios” recibiu o 1º premio de canto.

dsc01710.jpgA sua cantiga foi (Así vexo o Nadal)

Vou pedir unha hipoteca
para gastos do Nadal
porque penso, mi madriña
nun menú discomunal.

Escomenzarei con sopa
terminarei con champan
e no medio mais viandas
moita carne e pouco pan.

Estribillo

Lembrate que, si non levas control
seguro que, suba o colesterol
encima si, lle das o garrafón
baixa o carallo, e súbeche a tensión.

Antes de empezar a festa
escoitarme un momentiño
vos tende conta da auga
que eu teño conta do viño.

Si falamos de marisco
me gustan as proporcións
por cada plato de ameixas
tres platos de mexillóns.

Estribillo.

Bacalao con coliflor
e con patacas de adorno
pois si me dan a escoller
prefiero carneiro o forno.

Xa mercamos un besugo
o caso máis complicado
pudo ser en Vigo ou Lugo
donde o peixe foi criado.

Estribillo.

Vou facer como Jacinto
que cas doce campanadas
foi e meteu no bandullo
unha ducia de empanadas.

E logo de madrugada
unha cousa que se baixa
deixa de tanto palpar
que olvidou quitar a faixa.

Estribillo.

Letra de Jesús Codesido.