O desexado Nadal

menores1.jpgCando as palabras salgan limpas do corazón, e non pola rumiadura e o manexo fabricado polo cerebro, cousa que facemos con demasiada énfase, no canto de pór a nosa sincera dispoñibilidade ao servizo de reconciliar as diferenzas, para que o que incumbe ás nosas obrigacións e dereitos sobre todo no maís esencial como e o xurídico e para que aqueles que se dedican a vixiar manter e xulgar as leis, como son os Xuíces, poidan cobrar o seu soldo para poder vivir sen ter causas que xulgar, entón será bo Nadal.
Se a nova idea de compartir é para baixar os nosos dereitos e aumentar as nosas obrigacións, será porque as fibras do noso corazón son máis sensibles ao estimulo e máis compasivas. O mundo enteiro necesítao e os nenos e son moitos estano
reclamando.
Así ese mesmo corazón farase forte e non se deixase someter a ningún adestramento para cometer inxustizas, e será libre para escoller os instrumentos do ben facer, e así a terra enteira alegrásese e todos xuntos celebrarémolo esixindo que deixe de haber embargos e accións militares, para pasar a construír unha robusta e humanitaria convivencia.
Entón a humanidade celebráseo aínda que sexa coa resignada lentitude de ver chegar a anunciada paz; aínda que teremos que encher o noso zurrón de enerxía para facer esa subida continuada e á vez fatigosa hasta chegar á cima final.
Será a través dos surcos do dialogo robustecidos porque nos nosos proxectos sempre levaremos o medicamento da solidariedade.
1neno.jpgEse será o noso mellor agasallo, respectando a convivencia das culturas, idiomas, tradicións de cada cal. Tomando a dianteira para repartir principios éticos e morais de respecto mutuo, todo porque no noso interior existe a revolución como fonte para evitar conflitos e así unir os códigos da amizade polo devandito que ese neno deixo de testamento e polo cal todos estamos obrigados a exercer, xa non che digo ( servo, chámoche amigo).
Todo isto estará apoiado porque entre as nosas palabras e os feitos non hai escisión. Dese xeito nosos propios estatutos xurídicos internos, daranos moitos intereses de liberdade.
Do mesmo xeito que o que nos trouxo o Nadal, seremos capaces de conservar mellor todo o que gardo Noé no arca e tamén as flores do campo
E aguantaremos as calamidades por causas naturais, pero non as traxedias lacradas de todo terrorismo.
Para todo isto veu o neno bo, para que ninguén senta estranxeiro en ningures, e ser un membro activo para que todos xuntos, ( a familia maior natural e a máis grande a universal ) axudemos a resolver as crises existentes de fame de todas
clases.
Desexo que para todos sexa sempre Nadal —-.

E.A.A.