Conferencia

reportaje.jpgO mércores 19 as 17.30 tivo lugar no C. Social unha conferencia a cargo da Congregación de Servas de San Xosé : A experiencia de un proxecto solidario en Chiriaco ( Perú).

A Xunta de Galicia está a financiar un proxecto de cooperación na zona do río Chiriaco, en Perú, que permite que 450 nenas e nenos reciban formación e capacitación, facilitándolles o acceso á educación primaria e secundaria. Esta colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior coa Congregación de Servas de San Xosé fai posible que se amplíen as actividades formativas que as religiosas están a levar a cabo nos centros educativos que teñen nesta zona e permite tamén realizar obras de mellora das instalacións.

peru.jpgUnha das liñas prioritarias nas que se está a apostar dende esta congregación é a de formar as mulleres aguarunas e huambisas para que podan contribuir activamente a mellora das condicions de vida das súas comunidades.

Foi moi interesante e enriquecedora.

Ángeles