A revista a “Nosa Terra” expón no Centro.

p5.jpgO Delegado da Vicepresidencia da Xunta, Francisco Verea, xunto cun dos responsables do periódico “A Nosa Terra”, Alfonso Eiré, e a directora do Centro Social, inauguraban o xoves, 20 de decembro,a exposición do centenario deste importante medio de comunicación galego. Alfonso Eiré, quen falou brevemente da historia do periódico, fixo especial fincapé na importancia deste medio que foi paralelo a historia de Galicia, os seus intelectuales, a defensa do idioma e o galeguismo:
periodico.jpg“Nas portadas da Nosa Terra vemos toda a evolución do pensamento galego. Como pouco a pouco se foi recuperando a lingua, Galicia, etc.”
Recordou que foi este medio de comunicación o primeiro en reclamar o Estatuto de Autonomía.
Despois tomou a palabra o Delegado da Vicepresidencia, quen reafirmaba o dito por Eiré: “Nosa Terra forma parte da historia do noso país. Neste medio scribiron as mentes maís lúcidas de Galicia. No seus obxectivos sempre estivo presente a defensa da lingua galega”.
p3.jpgVerea explicaba que se elixio o barrio de Coia, e o Centro Social, para compartir esta experiencia tan interesante.
Despois a exposición recorrerá os demais Centros Sociais da cidade. Poderemos vela o longo de todo o 2008.
“Coia é un centro de referencia en Vigo. Por iso empezamos polo seu Centro Social. Estamos nun barrio emblemàtico” –apuntou o representante da Xunta.
José Enrique Cuña, que é o director da exposición, foinos explicando as portadas do periódico en cada momento histórico de Galicia.

UN PERIÓDICO CENTENARIO E GALEGUISTA.
p-2.jpg“A Nosa Terra” naceu  o 4 de agosto de 1907.
Unha fundación auspiciada polos agrarios galeguistas de “Solidaridad Galega”, que mantiveron abertas as  súas páxinas dende unha liña  anticaciquil que manterian as irmandades da fala, cando en 1916 adoptan a Nosa Terra”, como o seu voceiro, de igual xeito que en 1931 coa chegada da República, o faria o “Partido Galeguista” de Castelao e Alexandre Bóveda.
Logo de 1936,  “a Nosa Terra” viuse obrigada  a publicarse no exílio arxentino por 41 anos, xusto ata que, en 1977, as novas xeneracións do Nacionalismo galego recuperaron a súa traxestoria e compromiso polo país, coa liberdade de prensa conquistada tras a morte do Xeneral Franco”.

La exposición, resultou do  mais interesante para todo o mundo. E outra forma de coñecer a nosa historia e personalidade galeguista.
H. Pérez