Xa chegou o magosto

magosto2.jpgmagosto3.jpgmagosto9.jpgChegou o outono, están magosto4.jpgmagosto5.jpgmagosto7.jpgcaendo as follas e as castañas xa están boas ¡e tan boas! Como as que comimos onte no magosto que disfrutamos no Centro Social.

Cando cheguei ó Centro inda non eran as cinco e xa estaban os asadores traballando a reo. A xente foi chegando pouco a pouco, maiores e nenos estábamos mirando ó gran asador donde se asaban os ricos froitos. De pronto empezaron a soar as panderetas tocadas maxistralmente polas compoñentes de Rebuldaina, estaban acompañadas por un grupo de gaitas, o exito foi inmediato, os que escoitaban comenzaron a moverse ao ritmo da música, baile solto ou collido pero as pernas non paraban de brincar.

magosto6.jpgmagosto10.jpgmagosto12.jpgtiti.jpgLogo tocoulle o turno aos Bohemios, o coxunto interpretou duas pezas que emocionaron aos ouvintes e coreamos polo baixo; foi tal a emoción do público que tiveron que facer un “bis”: son uns artistas. De loguiño voltaron as pandereteiras, a xente bailou e bailou hasta que chegou Carmen ,a diretora, coas castañas nos seus cucuruchos. Foron repartindose , a prisa por probalas era grande, estaban deliciosas, dulciñas e ben asadiñas. A xente cada vez estaba mais leda y uns no bar de Tita e outros indo de volta para os seos fogares, rematamos este Magosto 2007, esperando tela sorte de voltar a disfrutar o seguinte , ¡si Deus quer!

Ángeles