Pombas solidarias

prestige1.jpgXa fai cinco anos
que vivín este sentimento,
precisaba agradecer
axuda dos Voluntarios,
e tamén votar pra fora
a rabia daquel momento.

perescis.jpg¡¡Bandadas de brancas pombas
invaden as nosas costas!!
tran consigo espranza,
solidariedade,esforzo,
e moitas boas cousas.
non se xustifican,
non perguntan,
non protestan,
¡só traballan!
e máis que lle deixaran,
eses gobernantes que,
non fan, nen deixan facer nada.

Se tiveran éles, a metade
da súa humanidade
entrega e decisión,
non terían tempo
de buscar culpables
pras súas actitudes,
e inxustificacións,

¡¡ai, as nosas costas!!

Se lle dera por limpalas
co mesmo ardor, con
que limpan súa imaxen
cando lle retruca a oposición,
non habría máis chapapote
nas costas e nas praias,
e só serían precisas
¡estas pombas brancas!
¡pombas solidarias!
para que con ledicia
viñeran disfrutalas.

¡¡hai, as nosas rías!
¡¡I as súas praias!!

Os galegos sempre
estaremos dispostos
a brindarvos, nosas…
¡¡Graciñas Voluntarias!!

A moca