Obradoiro de cine e lecto-escritura con invitado

alfonso-cstano-web.jpgAlfonso Castaño licenciado en filoloxía hispánica e membro do “Club Lumiere” en Vigo visita, como invitado, o noso taller no C.S. de Coia
Tamén imparte clase de cine para maiores.
Feita a súa presentación, deunos unha interesante charla da historia do cine resaltando mitos nesta arte e algunhas das súas obras maestras.
O cine, dixo, é unha arte que recolle de tódolos sectores (do teatro, da pintura, a fotografía, a música etc.) para levar a cabo a súa realización e conseguir transmitirnos o que o seu director pretende.
sunp0006.JPGO fotógrafo dalle unha estética a película. As novas tecnoloxías axudan pero non suplen o fotógrafo. O director de fotografía é imprescindible.
O cine di, é a fotografía en movemento. A medida que o cine evoluciona vanse contando historias en estudios onde o control da luz é importatísimo.
A sensación de movemento no cine é de 24 fotogramas, se son máis vai a cámara lenta, se son menos van máis rápido.
A fotografía, co tempo, vai perdendo e as filmotecas encárganse de limpalas.
O remate, algúns dos asistentes, fixeron preguntas sobre o tema que con gran amabilidade respondeu Alfonso Castaño.

Herminia-do taller de cine