Ludoteca-Coia

ludoteca-5.jpgOs reporteiros do C.S Coia pasaron polo pavillón entrevistando as monitoras da Ludoteca.
A Ludoteca é un espazo lúdico-educativo que emprega o xogo e o xoguete para procuralo-desenvolvemento integral dos nen@s.
Para iso ofertámosche:
ludoteca1.jpgGran cantidade e variedade de xoguetes e materiais lúdicos axeitados as idades e características dos nen@s.
Un proxecto socio-cultural-educativo que é a base do noso traballo.
Un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e de lecer.
Espacios axeitados e de uso exclusivo da ludoteca.
Algunhas das actividades, que en xeral se ofrecen durante todo o ano:
ludoteca-4.jpgXogos sobre o medio natural, xogos simbólicos e dramáticos, talleres e obradoiros, creación e construccións de xoguetes, xogos de movemento, xogos de exterior, predeportivos e deportes, excursións, colaboración con diferentes entidades e asociacións, etc.
¡Se tes entre 7 e 12 anos, faite socio!
1.- Recolle a inscripción na ludoteca.
2.- Debes traer dúas fotos, fotocopia da tarxeta sanitaria e o D.N.I.
3.- ¡Lembra que a ludoteca municipal de Coia é gratuita!
Programación do mes de novembro.


Tema: recíclame.
ludoteca-3.jpgNeste mes todas as actividades e obradoiros están enfocados cara o coidado do medio ambiente e a reciclaxe. Desta maneira tratamos de concienciar os nen@s para que coiden o noso planeta. Así faremos: obradoiro con materiais de refugallo, xogos, etc.
Obxetivos:ludoteca2.jpg
Emular os nen@s cara o reciclaxe.
Estimular a creatividade dos nen@s para crear xoguetes empregando materiais de refugallo.
Coñecer o gasto que supón e as influencias negativas que ten o non reciclar para o noso planeta.

Tucho

Un comentario sobre “Ludoteca-Coia

Comentarios cerrados.