Fiesta de Samaín en el Casco Vello

samain.bmpQuisimos recoger parte de la nota de prensa de la asociación de vecinos del Casco Vello, donde nos cuentan el motivo por el que celebraron un “Samaín” gallego , en la fiesta de difuntos. ¿Alguien recuerda algo más sobre el tema? Les invitamos a que nos cuenten sus recuerdos sobre esta fiesta tan especial para tod@s.

Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín.

Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do 180pxtriskelesymbolspirlr8.pngdía de Defuntos atoparemos unha serie de costumes ancestrais propias do País. Desde o deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, Quiroga, Vilaboa, Portonovo e a zona sur de Pontevedra onde era coñecida como a Noite dos Calacús) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes. Todo isto con ocasión da festividade dos Defuntos, o dous de novembro. Este costume coincide co americano de Halloween (All Hallow’s Eve, que significa “Véspera de Todos os Santos”). Festa que chegou ao continente americano a través dos emigrantes irlandeses no século XIX e aínda máis atrás coa antiga celebración celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.

A recuperación desta anterga tradición por todo o País e os seus vencellos co Samaín por colexios e asociacións de todo tipo, está a provocar que cada vez haxa máis lugares nos que se celebra esta festa sen pasar pola peneira do Halloween americano.

Este mércores 31 de outubro, véspera de todos os Santos, a Asociación Veciñal e Cultural Casco vello celebrou a Festa do Samaín. E por segundo ano consecutivo organizose na xahun-en-fillos.pngPraza do Berbés un obradoiro de cabazas para que os rapaces traballaran as súas cabazas. Tamén hubo unha actuación dun grupo teatral que ambientó festa, con contos de medo.

Rematou cun magosto infantil acompañado dun ambiente de festa , e foliada con grupos de música tradicional que animarán a Praza do Berbés.

Agradecendo a vosa colaboración recibide un cordial saúdo
Henrique Macías Cambra
Presidente da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello