Historia dunha foto

alex-2.jpgChámome Candela, escollín esta foto que me trai moitas lembranzas de cando aínda os meus fillos estaban todos na casa, e eu coidaba con moito agarimo deles. A avoa da foto é miña nai con tódolos netos o seu arredor, en total 20 que tiña no ano 72.

A foto foi feita a pe da igresa das Hermidas na Lama, Pontevedra, e o motivo de estar todos foi a celebración da voda de miña curmá Carmiña, que se fixo na carballeira que está o caron da hermida, para que estivéramos todos os famillares xuntos. Foi algo moi foermoso. A xente levou a comida: empanada, pulpo e tortillas, como si estiveramos nunha romaria.

alex-001.jpgO viño acabouse pronto e o novio estaba todo peocupado porque non quería que ninguén pasara sen él. Saiu correndo a buscar mais, o meu curmán, irmán da noiva corria tras del para axudarlle. Todos ríamos a cachón porqué parecía que o noivo escapaba o seu cuñado ia tra del.

Comemos, bebemos, cantamos e bailamos como si estivéramos nunha romaría. Foi algo inesquecible.

Tamén foi a romaxe un colectivo de mestres galeguistas pertenecentes a grupo “Noiega Varela”, quen tamén foi mestre.

Fixeron comentarios da voda e saiu na prensa, no ano 72. Todo foi moy fermoso.

Candela (del taller de Lecto-escritura)

Un comentario sobre “Historia dunha foto

  • el 19 de Octubre, 2007 a las 19:35
    Permalink

    O relato de Candela sabe a realidade, e fresco e natural.GUSTAME

Comentarios cerrados.