Convocatoria

Cent_cetro1.jpgro Social de Coia

Con motivo de festexar o Nadal o Centro Social de Coia convoca un concurso para os usuarios do centro.


TEMA.-
centro7.jpg O tema do concurso é obrigatorio e se axustará ao título Así vexo o Nadal . Cada participante expresará a súa particular visión do que para él é o Nadal.

CATEGORÍAS.-
a.- Poesía e relatos curtos

b.- Interpretación artística (baile, canto, teatro, contacontos …)

c.- Expresión plástica e fotografía

A participación poderá ser individual ou colectiva: por obradoiros e grupos artísticos.

PREMIOS.-centro6.jpg
Entre todos os participantes elixiranse 4 gañadores.

1º.- Individual de poesía e relatos curtos (unha viaxe de un día para dúas persoas para coñecer o noso patrimonio cultural)

2º.- Colectivo de interpretación artística e expresión plástica (unha viaxe de un día para coñecer o noso patrimonio cultural para todo o colectivo; máximo 15 persoas), ou

centro2.jpg3º.- Individual de interpretación artística (unha viaxe de un día para dúas persoas para coñecer o noso patrimonio cultural)

4º.- Expresión plástica e fotografía(unha viaxe para cada unha das dúas categorías de un día para dúas persoas para coñecer o noso patrimonio cultural)

DESCRICIÓN.-
Os traballos escritos e as interpretacións orales realizaranse en galego; serán inéditos.

centro4.jpgPara os poemas un máximo de 50 estrofas. Para os relatos curtos dous folios por unha cara, en arial 12.

Os traballos de interpretación artística terán unha duración máxima de 10 minutos; presentarán un guión por escrito e se comprometen a realizar a actuación o día sinalado pola organización, anterior á entrega de premios.

Os traballos de expresión plástica en soporte plano presentaranse nunha cartulina de tamaño A3. Os traballos de fotografía faranse en cartulina de tamaño A4. Os que se realicen en bulto ou relieve terán un máximo de 25 cm.

centro3.jpgCada participante poderá presentar todos os traballos que desexe.

Todos os traballos deberán presentarse na Dirección deste centro entre os días 3 e 5 de decembro de 2007.

Constituirase un xurado formado por tres monitores, tres usuarios e un representante da administración.

O veredicto do xurado será o día 18 de decembro, ao finalizar o acto no que se exporán os traballos e se realizarán as interpretacións artísticas e se lerán os poemas e contos curtos, entregándose a continuación os premios.

tucho