Conversando con Maria Méndez, concelleira de bienestar social

Queremos continuar en contacto cos nosos representantes municipais, posto que os eliximos e terán que ir dando conta do que están realizando polo ben da nosa cidade.
Loxicamente empezamos pola concelleira de Benestar Social, a nacionalista María Méndez. A ela expuxémoslle cuestións que nos preocupan á mayoria de nós.

Accesos dignos e eliminación de barreiras no noso Centro Social.
jm180023.jpgXa sabedes como están as cousas neste tema. Temos unha mini-beirarrúa, sucidade , etc.
Maria comprometeuse ante nós que esta mesma semana virá polo Centro, para ver insito o problema e tratar de dar unha solución inmediata:

É un compromiso do BNG, de Santi Domínguez, e cumprirémolo. Vigo ten que ser máis accesible para todo o mundo. Comprométome a falar coa concejalia que leva este tema, a de Obras, e intentaremos arranxar isto xa”- dicíanos a concelleira.
jm180024.jpg
Pola súa banda, María Méndez, asegurábanos que se estaban relanteando todo o departamento de Benestar Social para melloralo. Co cal, no 2008, xa cos orzamentos aprobados, íanse a pór en marcha moitos programas dirixidos a diversos sectores sociais, en especial maiores. Talles como deportes en todos os lugares, actividades saudables, bailes, temas de alimentación, etc.

Desde Vicepresidencia-aseguraba- hai unha aposta decidida, en servizos sociais, en Vigo. Creación de centros de día e o encontro intergeneracional”.
jm180025.jpg
Segundo a concelleira, para o 2008 porase en funcionamento un programa piloto para maiores, de máis de 75 anos, nos centros veciñais, para desenvolver toda unha ampla gama de actividades.
Queremos un avellentamiento activo e saudable”.

En canto a outros temas, como o de emigración, tamén Maria aseguraba que hai toda unha interesante programación respecto diso que se centra, sobre todo, en muller, vivenda en aluguer, etc.

Dado que esta entrevista fixémola ao redor das 2,30 da tarde, e con certa prema por parte da concelleira, que todo hai que dicilo, víalla moi colapsada polo traballo, esperamos continuar cando Maria veña polo Centro.

Fotos y colaboración. Jesús

Texto. A.Garrido