Clausura del simposio “pobre mundo rico”.

pobrerico021.jpgEste martes finaliza un importante simposio sobre la porbreza,que organizó el club de prensa. No cabe duda que se ha tratado de un acontecimiento importante, puesto que en el mismo participaron personajes de talla mundial que analizaron, con verdadero acierto, la problemática y solucciones posibles a un problema tan terrible Recogemos la presente nota de prensa del Club de prensa, que nos remitían esta semana, para animarles a asistir a la clausura:
pobrerico1.jpgHoxe luns, Vigo acollerá dúas novas proxeccións do ciclo “Cinema contra a pobreza” incluído no Simposio Internacional “Pobre Mundo Rico”. “A historia da Eternidade” é o curto de ficción producido en Brasil e dirixido por Camilo Cavalcante, que precederá á proxección “La estrategia de Simbad”, capítulo da serie documental “Voces contra la globalización” que dirixiu e guionizou Carlos Estévez para La2 de TVE. Estas serán as últimas proxeccións do mes de outubro, pechándose así o programa do primeiro dos meses deste Simposio que se celebra en Galicia, e que é seguido a través de TV por internet, por numerosas comunidades, organizacións e persoas a título individual, nos cinco continentes, sobre todo nos países latinoamericanos, ademais do estado español.

En “La estrategia de Simbad” Carlos Estévez analiza o novo panorama laboral no mundo: as deslocalizacions de empresas, as grandes áreas de produción mundial (China e India), a inmigración, a perda da sociedade o benestar en Europa, as privatizacións, a perda dos dereitos laborais, a vitoria da economía especulativa sobre a economía produtiva e a política económica neoliberal.

Mesa-Debate sobre a fuga da industria, o martes ás 5

pobreza.jpgO debate da xornada do martes 30 ás 5 da tarde, centrarase na “fuga da industria aos países subdesenvolvidos: ¿pan para hoxe e fame para mañá?” Nel participan Xosé Manuel Beiras, Roberto Mansilla (do Igadi) e Fernanda Couñago, directora da ONG Amarante. O catedrático de Estrutura Económica, Xosé Manuel Beiras sostén que a “deslocalización” industrial é fame tamén para hoxe, e non só para mañá xa que, na súa opinión implica dúmping social como condición indispensable e polo tanto, hiper-explotación dos traballadores na periferia. Ademais, Beiras considera que a fuga de industrias aos países en desenvolvemento agrava as relacións de explotación, provoca regresión nas condicións laborais e sociais e amplía as “bolsas de pobreza” e exclusión social.

Conferencia de Carmen Velasco ás 7,30 sobre as microfianzas como instrumento de desenvolvemento

Na súa conferencia “microfiaanzas: un instrumento para o desenvolvemento” Carmen Velasco, directora do Programa Pro-Mujer Bolivia, reflexionará sobre o rol que xogaron en América Latino os diferentes programas para paliar a pobreza, comparando os resultados logrados por aqueles denominados asistencialistas e os enfocados ao desenvolvemento das potencialidades da poboación á que vai dirixida.

Club de prensa.