Lo que nos prometieron los politicos:Santiago Domínguez del BNG.

santi-bng-web.gif“Queremos implantar nos barrios as brigadas vecinales de mantemento”.

“Nós propoñemos un cambio de filosofía, como é a implantación, nos barrios, de brigadas vecinales de mantemento. Temos que racionalizar recursos e facelos operativos, solucionar problemas do día a día nos barrios: baches, iluminación, etc.”
“Coia necesita un plan integrado en Vigo”.

“Hai que previr os problemas, non esperar a que xurdan. Coia pode ter problemas nun futuro, co incremento de poboación en Paio de Navia- 50.000 novas persoas máis. Co cal, Coia necesitará máis servizos, talles como escolas infantís, instalacións deportivas, centros de atención primaria, medio ambiente, etc”.

“O Concello pode facer bibliotecas públicas nos barrios”.

“Haberá un albergue en casa Mar”.

“Construción dunha gran residencia-por iniciativa da Xunta- que prestaría servizos a domicilio (comida, lavandería, etc, a prezos módicos), e aos internos.
Tamén se falou de servizo de transporte para discapacitados.”

“Aceptamos o erro da esquerda naquel momento. Pero a ciudadania é máis madura e valorará, non tanto o que pasou, senón os proxectos.”
O candidato do Bloque puntualizaba que “si xogarían o papel das coalicións se así o decide a cidadanía viguesa” .

Santi Domínguez. Desyunos del CSC-3 Mayo 2007.

A.G.