Os centros sociais da provincia de Pontevedra celebran na finca de San Roque o día dos Maios.

los-maios.jpgO día 3 de maio, despois duns días chuviosos pouco propicios para celebrar un acontecemento o aire libre, amañeceu un expléndido día que permitiu que un gran número de usuarios dos diferentes C.Sociais da provincia, acudiran a S. Roque a disfrutar.
O recinto para este tipo de eventos e moi fermoso, está moi coidado e é unha ledicia estar nel.


Por outra parte, a organización para dar cabida a tanta xente estaba moi ben.
Comenzaron as actuacións con
los-maios-1.jpg Cándido Pazó cos seus monólogos e o grupo A Roda coas súas cantigas. A continuación Pazó foi facendo a presentación das actuacións dos diferentes Centros, que non so levaron os maios, se non que nos obsequiaron cun repertorio de cancións populares e alguhas coplas con críticas moi revindicativas. Deste xeito, amenizaron toda a mañá ata o momento do xantar.
Deron para comer un bocata de xamón, unha laranxa, unha mazá e unha botella de auga a cada un dos asistentes. Moitos levaron da casa a comida e alí podíase mercar empanada ou polbo.
Despois do xantar disfrutamos descansado, charlando e comentando de todo o acontecido.
A tardiña, continuaron as actuacións de danzas e cantos ata as 7 do serán.
Rematada a festa, todo o mundo os autobuses para regresar cada un o seu Concello.

Copla grupo “Bohemios”

SOMOS O GRUPO “BOHEMIOS”
DO CENTRO SOCIAL DE COIA
ese centro popular
onde podes atopar
amigos con moita historía.
Somos bos ou somos malos,
deso non imos falar,
vamos a cantar os maios
e si botamos carallos
teñennos que perdoar.
Xa está chegando o ave,
ainda non temos andén,
pero temos un concello
que posto a facer chapuzas
farancho nun santiamén.
Viñeron os de Fomento
levaronos”O Berbés”
e o ver tanta gaivota,
cheos de viño dixeron
aves Vigo xa ten.
ESTRIBILLO
Ave maría…por onde irá
por Cuspedriños, pola Lanzada
ou por Matamá.
Por onde veña…que veña ben
porque os pobres, se viaxamos
vamos en tren.
Os veciños de Coruxo
sufren ca depuradora
estan fartos de esperar,
e tamen de respirar,
a merda que bota fora.
E como non lle fan caso
vamoslle dar un consello,
deberíanse xuntar,
para mexar e cagar
mesmo diante do Concello.
ESTRIBILLO…AVE MARÍA…POR DONDE IRÁ…
Mellor non está a cousa
de residencias falamos
moitas hai que son privadas,
pero carollo do resto
quedaremos como estamos.
Os vellos hai que coidalos
Alcaldesa enteraté
porque de aquí a pouco tempo
dentro ou fora do concello
velliña te vas a ser.
ESTRIBILLO…Ave María…por…
Xubilado ten coidado
co carné de pensionista,
non te acerques o traballo,
que por tocar o carallo
hai xente que pasa lista,
porque según o goberno
xa che chega o que che dan.
E se se acaba o diñeiro,
toma nota compañeiro
hai que comer menos pan.
ESTRIBILLO…Ave María…por O político de Vigo
cando necesita axuda
todo é comida e festa´
e si non sae elexido
nin xiquera te sauda.
O Centro Social de Coia
saúda para rematar.
Disfrutade coma nenos,
e de aquí a moitos anos
nos volvamos a xuntar.

Un comentario sobre “Os centros sociais da provincia de Pontevedra celebran na finca de San Roque o día dos Maios.

  • el 23 de Mayo, 2007 a las 15:58
    Permalink

    O meu saludo pra o grupo bohemio do centro social de coia

Comentarios cerrados.