Os almorzos do CSC : Santi Domínguez-BNG

¿Queremos implantar nos barrios as brigadas vecinales de mantemento?.

santi.jpgO candidato á alcaldía viguesa, abordou nos nosos almorzos diversas cuestións que lle suscitamos :
“Vigo terá que competir con outras cidades. Por iso temos que saber a onde queremos chegar e a cidade que queremos construír de aquí a 30 anos-dicíanos”.
“Os barrios e parroquias, para nós-continuou-son fundamentais para vertebrar a cidade. E isto é algo que está fallando. Deixouse bonito o centro, que non está mal, pero quedou desatendida a outra parte da cidade”.
“Nós propoñemos un cambio de filosofía, como é a implantación, nos barrios, de brigadas vecinales de mantemento. Temos que racionalizar recursos e facelos operativos, solucionar problemas do día a día nos barrios: baches, iluminación, etc.”
“Coia necesita un plan integrado en Vigo”.

santi2.jpgAo preguntarlle ao candidato nacionalista pola súa opinión do chamado “Plan Coia“, do que estamos oíndo falar moito, puntualizábanos o seguinte:
“Este Plan nace polo investimento que presentou o BNG no Concello. Pero Coia necesita un plan integrado en Vigo. Estamos nun dos barrios pioneros na descentralización administrativa. Hai que tratalo como un Concello dentro de Vigo.”
“Hai que previr os problemas, non esperar a que xurdan. Coia pode ter problemas nun futuro, co incremento de poboación en Paio de Navia- 50.000 novas persoas máis. Co cal, Coia necesitará máis servizos, talles como escolas infantís, instalacións deportivas, centros de atención primaria, medio ambiente, etc”.

Bibliotecas públicas nos barrios

“O Concello pode facer bibliotecas públicas nos barrios”.
“Queremos facer un plan de animación á lectura nos barrios, puntos de lectura en asociacións vecinales, centros sociais, etc, coordinados coa biblioteca central. Tamén necesitamos moitas salas de estudo para os estudantes.”

Pobreza e albergues municipais en Vigo.

santi1.jpg“Queremos apostar polo benestar social. Cando chegan as eleccións isto parece unha lotería. Hai que quitar do cemento para darlle ás persoas”.
“Haberá un albergue en casa Mar”.
Santiago recordaba como neste tema o único que hai está en mans de entidades relixiosas, o que lle parece estupendo e digno de agradecer. Pero tamén sinalou que , desde Vicepresidencia, apóstase forte por cuestións como esta. E sinalou a posta en marcha do primeiro albergue en Casa Mar:

“Hai que planificar e facer un estudo acertado. Hai que deseñar a cidade, de tal xeito, para que cada vez haxa menos sen teito.”

Outro dos proxectos importantes que apuntaba Domínguez, foi a construción dunha gran residencia-por iniciativa da Xunta- que prestaría servizos a domicilio (comida, lavandería, etc, a prezos módicos), e aos internos.
Tamén se falou de servizo de transporte para discapacitados:
“Desde o Concello poñeremos en marcha unha iniciativa-previo acordo con todos os taxistas da cidade- para atender aos discapacitados a un prezo de 1 €, dentro do casco urbano. Servizo que lles poida ser necesario para ir ao traballo, por ejmplo, médico,etc”.

Casco Vello: “O plan púxoo en marcha Xavier Toba.

santi3.jpg“O Casco Vello temos moi claro que é unha do sinal de identidade de Vigo, como Bouzas, ou outros barrios.”
“Aprobamos o Plan do Casco Vello porque é positivo, veña de onde veña. Hai que recordar que Xavier Toba púxoo en marcha.”
“Neste barrio vigués xa o 90% é propiedade da Conselleria de Vivenda. Actuará a iniciativa pública, non a privada. Queremos facer alli vivendas para xente nova, sobre todo. Por exemplo, a oficina universitaria pode estar situada no Casco Vello.”

Erros da esquerda no pasado.

Ante a nosa pregunta achega dos malosentendidos na esquerda que deron a alcaldía ao PP, Santiago Domínguez dicíanos:

“Aceptamos o erro da esquerda naquel momento. Pero a ciudadania é máis madura e valorará, non tanto o que pasou, senón os proxectos.”

O candidato do Bloque puntualizaba que “si xogarían o papel das coalicións se así o decide a cidadanía viguesa” .

Nos sorprendimos al pedirle a nuestro entrevistado sobre su pregunta a Rajoy o a Zapatero:“Que expliquen cando se van a comprometer con Galicia”.

Y fue sorprendente porque, como recordarán, también Corina preguntaba lo mismo con otras palabras semejantes:“¿Cuándo demonios se apostará por las infraestructuras de Galicia?.

santi4.jpgGracias a todos/as por haber estado con nosotros/as en estos desyunos respondiendo a lo que les solicitamos.

A.Garrido con la ayuda de los redactores de los/as redactores/as del csc.