Conociendo a los redactores de la revista digital del CSC

herminia.jpg O meu nome é Herminia Pérez Novoa. Nacín na cidade das burgas, Ourense, nun barrio preto do río Miño onde pasei a miña infancia. Máis tarde cambiamos para outra zona cerquiña da Catedral e das Burgas. Por suposto, seguín indo a escola e preparándome para poder facer o bacharelato, e cando o acabei  pasei a escola de Maxisterio, onde rematei os estudios.
Despois de estar un par de anos facendo outras actividades e en algunha escola, entón no fin do mundo, viñen vivir a Vigo xa casada no ano 1965 e dende entón, dediqueime a miña familia e ó ensino ata o 2004.
Xa xubilada, visito o Centro Social de Coia, comenzo a frecuentalo e  a participar en algunha das actividades, e remato colaborando, no que podo, nas tareas da revista do CSC xunto con outras compañeiras/os.
O meu tempo, neste momento, está dedicado os meus fillos, as tarefas diarias e  algunha que outra actividade que realizo no Centro, como é a  informática, algo que nunca fixera, e que neste intre intento aprender cada día un pouquiño máis.