Coñece o teu país

galicia-natural1.jpgA Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Acción Social, convoca 4.800 prazas para o novo progama “Coñece o teu país 2006 “. Este programa pretende que os nosos maiores coñezan un pouco mellor Galiza, para o que organiza excursión ás cidades, comarcas e vilas máis significativas do territorio galego.

Esta nova iniciativa está dirixida a aquelas persoas maiores de Galiza que teñan máis de 65 anos ou ben sexan maiores de 60 e reúnan a condición de pensionistas. Ademais, os interesados deben residir na nosa comunidade autónoma e gozar de autonomía persoal, para poder optar a unha das prazas mediante a inscrición oportuna .

O custo por persoa e excursión é de 10 euros e inclue o transporte, o xantar e a asistencia de guia profesional nas visitas.

O noso centro participa no programa con catro excursións nas dúas modalidades: “ A Galiza urbana”: Santiago de Compostela, mentres que na modalidade “ As nosas vilas e comarcas”, os lugares establecidos son O Barbanza, Bergantiños, e a Ribeira Sacra.
Os maiores que participan no programa están afondando no coñecemento da realidade actual e do patrimonio histórico-cultural de Galiza, ao tempo que experimentan unha convivencia con persoas nas súas mesmas condicións, unidas todas elas polo feitode estar coñecendo a súa terra en profundidade.
TR.