Programa de Prevención da Dependencia

logo xunta de galicia.jpg logo.jpg

Ponse en marcha co obxectivo de optimizar as capacidades das persoas maiores fráxiles mediante a estimulación integral das áreas cognitiva, sensorial e motora.

– Transporte adaptado para posibilitar a asistencia dos beneficiarios aos centros nos que se impartirán os odradoiros.

– Obradoiros de atención psicosocial: un conxunto de actividades de estimulación dirixidas por un profesional. Cada un destes obradoiros potenciará as capacidades das persoas maiores nos aspectos sensoriais, psicomotores, cognitivos e de relación.

Impartiranse nos Centros Sociais de Coia e Teis a partir do mes de Abril. 29 sesións de 1:30 h.
Grupos de mañá e tarde. Dirixido a maiores de 65 anos. GRATUíTO
As persoas interesadas deberá matricularse en administración.
Imprescindible ter tarxeta de usuario.
horarios:

Luns Martes Mércoles Xoves Venres
9:30 a 11 TEIS COIA TEIS TEIS COIA
11:30 a 13TEIS COIA TEIS TEIS COIA
16 a 17:30 COIA COIA TEIS COIA TEIS
18 a 19:30 COIA COIA TEIS COIA TEIS

Os interesados deberán inscribirse en:

CENTRO DE SERVIZOS
SOCIAIS DE COIA
R/ Cangas 1B – Vigo
Tfno.: 986-207133

CENTRO DE SERVIZOS
SOCIAIS DE TEIS
Avda/ Buenos Aires 14 – Vigo
Tfno.: 986-262427

Programa de Prevención
da Dependencia

* Grazas ao convenio asinado entre A Xunta e a Obra Social “la Caixa” ponse en marcha nos Centros Sociais de Coia e Teis dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar un programa de prevención da dependencia dirixido ás persoas maiores fráxiles que, debido á perda de autonomía física, psíquica ou intelectual, poden verse necesitadas de asistencia para levar a cabo actividades cotiás.

* Entre os eixes de actuación do programa destaca a organización de Obradoiros de estimulación integral (sensorial, motora e cognitiva), a posta en marcha de transporte adaptado para desprazarse onde se impartan os obradoiro e a creación de recursos específicos de dinamización

Considérase fráxiles ás persoas que de cara ao futuro necesitan previr posibles situacións de dependencia.
Este colectivo presenta un risco de sufrir dependencia funcional en poucos anos. Para atender a estas persoas, a Obra Social “la Caixa” deseñou un programa pionero que inclúe unha serie de talleres específicos orientados a frear os problemas de mobilidade incipientes, potenciar a autonomía dos afectados e fomentar as súas capacidades.

Liñas de actuación prioritarias
O Programa de Prevención da Dependencia ponse en marcha co obxectivo de optimizar as capacidades das persoas maiores fráxiles mediante a estimulación integral das áreas cognitiva, sensorial e motora.

– Unha flota de transporte adaptado
“la Caixa” creou unha flota de microbuses adaptados para posibilitar a asistencia dos beneficiarios aos centros de persoas maiores nos que se impartirán os obradoiros.
– Obradoiros de atención psicosocial
Trátase dun conxunto de actividades de estimulación dirixidas por un profesional. Cada un destes obradoiros potenciará as capacidades das persoas maiores nos aspectos sensoriais, psicomotores, cognitivos e de relación.
Os obradoiros constarán de 29 sesións de 1h30 cada unha. Iniciarase no mes de abril. GRATUÍTO DIRIXIDO A MAIORES DE 65 ANOS.