Os paxaros vanse chorando

arbolDSCN01261.jpgFoi para min un lugar especial, moi frondoso. Agora é un baleiro, dame pena, aquilo que había nese sitio levárono, xa non está.

Fai uns anos, para o xílgaro, o reiseñor e moitos outros, ese lugar era a súa casa cuberta dun bo tellado. ¡Igual nunca o vin!. Desde esas alturas e eran unhas cantas varas, lanzaban un son Celestial aos catro ventos. Durante séculos, usárona sobre todo para procrear. Esa casiña non tiveron necesidade de hipotecala. (Alguén lla agasallou).

Sí, dá moita magoa, aquilo desapareceu do seu sitio. Xa non está. Todos os animaliños xa fai algún tempo, fóronse, quizais chorando. ¿Estarán noutro lugar?

Chegaban as catro da tarde, durante as sestas en tempo de verán. A esa hora o Paxaro Carpinteiro , todolos días cara ao seu traballo, que facillo a modo de escultor. A ferramenta a usar é o seu pico e o seu pescozo, que actúan como martelo percutor. A mesa do traballo “eran” eses fortes e robustos troncos que á vez sostiñan as mil e unha pola. Alí nese corruncho, xuntos e eran moitos pasaban os seus días.

Sobre esa mesma hora todos eles empezaban un rituario , como un adestramento, e logo íanse a cazar.Porriba da miña hamaca onde eu tamén a sombra descansaba, algúns en esas polas viñan buscar a súa lote, de insectos, moscas e outros máis… ¿Agora de eses incivilizables quen nos protexerá ? Resultaba emotivo oír os cantos, ver os seus aleteos, eran alborozos cheos de vitalidade.

¡Oh! Pero xa desde aquel día non 0s volvín ver. Desapareceron. Queda alembranza e pregunto ¿estarán noutro lugar? As polas troncos fortes e robustos tampouco están. A taladora ben afiada deulles caída a esos árbores, e con ese ruído estruendoso no medio do silencio do bosque a todos eles (os paxaros) fíxoos fuxir.

Agora no medio dese silencio, non esquecemento, grito…… ¿señores cando van parar?

E.A.A.