Os nenos/as da ludoteca visitan o taller de cerámica do CSC.

cera2.jpgO xoves 15-3- 07 na clase da tarde tivemos unha visita especial. Un grupo de nenos acompañados das súas monitoras acudiron para ver os traballos das persoas que practican a actividade da cerámica, e realizar eles as súas “obras de arte “ coa dirección de Pili, a mestra, a axuda doutras persoas e as monitoras que os acompañaban.
Cando os nenos/as acabaron os traballos nos que puxeron un gran interés, recolléronse para cocelos.
cera1.jpgO remate, púxoselle unha merenda a base de doces feitos por alumnas da clase, lambetadas e refrescos co que disfrutaron moito por facelo todos xuntos.
Antes de marchar, Pilar Vieites, que xa coñecía os nenos de ensinalos a cantar, animounos a que nos demostrasen o ben que o facían e interpretaron un par de cantigas.

H.Pérez.