COMPARSA DAS ABOAS (ENTROIDO 2007)

aboas.jpgSomos vellas xubiladas
Que vimos a protestare
Que a nosa pensión nos cheja
Para poder solo almorzare.

Os políticos de Vigo
Sempre estanse pelexando
Porque o poder dalles moito
E que a nós nos parta un raio.

A Corina prometeunos
A basura gratuíta
E a súa mentira lle fixo
Crecer  frores nas esquiñas.

Cando nos chege o vran
Vámonos bañar na merda
A depuradora sige
Sen facer a súa limpeza.
 

Entroido  no C.S. de Coia

O martes, día 20 de xaneiro, celebrouse o entroido no Centro o que acudiron un gran número de usuarios de tódalas idades, que cos seus disfraces, algúns moi orixinais e todos moi divertidos, animaron a tarde a tódolos asistentes.
  O grupo danzas do mundo participou cunha  das danzas.

danza.jpgA continuación cantouse e bailouse coa animación do grupo “YIN YAN”, que coa súa música e cancións conseguían que ninguén quedase sentado.

Carmen,”a dire” disfrazada de doutora, repartía receitas para ser felices e unha mediciña para o stres.
Tita, de roqueira, moi no seu papel, non deixaba de facer honor a súa vestimenta.
Expléndidas un grupo de avoas as que non foi posible identificar, moi sufridas, aguantaron toda a tarde sen sacar as súas caretas.
O remate a Directora fixo entrega de obsequios os que participaron en grupos.

A festa alongouse ata preto das 21h. en que se deu por rematada a celebración.

TR