¿ONDE QUEDOU O QUE PENSABA?

regalos2.jpgNon, non, e non, eu non entro neso, escoitase a miudo cando están preto as datas que acabamos de festexar, pero a verdade, é que esas ceas e xantares nas que non nos pasaríamos, sempre rematan sendo excesivas e traendo consecuencias, dor de estómago, de cabeza e de kilos que logo nos supón unha chea de trastornos para volver a normalidade.
Se falamos de cartos vanse voando, pois non se trata soamente do que se gasta en comer, beber e lambetadas, que xa é moito, se non que tamen están os regaliños que no Nadal, Reis etc. se fan a cada un dos familiares, e que, as mais das veces, son innecesarios ou non se acerta co gusto do obsequiado por moito interés que se poña.
Pero que se lle vai a facer, é así. Decimos ¿para que se queren os cartos? e se ben é verdade que os cartos so serven para gastar, se non temos para o vindeiro mes, moi mal o imos pasar.
regalos3.jpgNeso non se pensa, ainda hai moito que mercar. Os escaparates, cheos de grandes ofertas e rebaixas, reclaman a nosa atención e unha vez máis nos deixamos levar pola propaganda que nos invita a gastar.
Cada un é dono do seu, polo tanto pode facer o que lle pete, pero
despois… non nos choremos.

4/l/07
H.Pérez