As orixes do entroido

entroido2.jpgEn toda Europa dende épocas descoñecidas celébrase o Entroido. A súa orixe non se coñece con certeza,  algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos

Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir “corenta días antes do domingo de Ramos).
  As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo “Carne Vale” (é dicir “o adeus á carne”), do que despois derivou a palabra “Carnaval”; ó termo “Introitum” (que significa “a entrada á Coresma!) do que vén a palabra “Entroido” ou “Antroido”.

cigarron3.jpgO entroido fai referencia a unha época de “carne”, tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir,  as cousas que non se fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de “don Carnal” sobre “dona Coresma”, que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.

O Entroido subsiste debido a que é unha festa que invita á participación de todos, sen prexuízos nin distincións. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que ó acostumado.

H. Pérez 
   Para más información hacer clic aquí.