CHEGA O NADAL

Escaparates cheos de artigos que chaman a atención dos viandantes coas súas cores, luces e adornos epectaculares dos que non se pode pasar sen votar unha ollada.
Xente con paso apurado percorre as rúas, dando a impresión, que non saben moi ben onde  dirixirse.
letras1.jpgChove sen parar, baixaron as temperaturas, hai que abrigarse, pero  iso non impide que as tendas estén atestadas de xente.
Todo isto ten unha explicación “CHEGA O NADAL” e con el a celebración de moitas tradición, que ainda que moitos digan que pasan delas, moitos mais seguen manteñendoas con certa nostalxia pois, se por costume se reunían todolos seres queridos, e moi posible, que por diferente razóns, agora non podan facelo.
Todos son recordos que temos na nosa mente e que a pesar de todo, tratamos de transmitir as novas xeneracións tal coma nos as recordamos, e nas que o consumismo que agora nos envolve non existía, e non por iso, eramos menos felices.

15/12/06

H.Pérez.