CERÁMICA- FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE

herminia.jpgCalquera momento é bo para celebrar unha xuntanza con familiares, amigos ou compañeiros.
O xoves 14- XII-06 no taller de cerámica reunímonos tódolos que realizamos esta actividade, ou case todos, pois por diferentes motivos, faltaron tres compañeiros.
Sentados arredor dunha gran mesa puidemos disfrutar de tódalas esquisiteces  que Tita nos preparou. (croquetas, empanada chourizos e tortilla coas correspondentes bebidas, auga, refrescos e algo de viño.)
Mentres se come convérsase agradablemente, risas, comentarios etc. que fan que ese momento sexa mais entrañable.
herminia5.jpgDe postre dúas riquísimas tartas que Pilar se ocupou de encargar e traer, e unhas rosquillas esquisitas feitas por unha compañeira.
Se ben é certo que nesta clase somos moitas mais mulleres que homes, os que faltaron foron homes, iso deu máis motivo de conversa.
Foi unha reunión moi agradable ca que se da por rematado o primeiro trimestre do curso, e o último mes do ano.

ATA XANEIRO COMPAÑEIROS.
FELIZ  NADAL E ANO 2007.

H. Pérez.                         Centro social de coia