COÑECENDO VIGO IV

vigo21.jpg   vigo.jpg

Como cada venres ás seis acudimos fieis á  cita coa nosa agradable e simpática profesora Bea, hoxe fixemos un percorrido polo século XIX ilustrándonos cunhas fotos e mapas que nos ían dicindo como era Vigo neses tempos.
En torno ó ano 1800 había en Vigo uns 4.000 habitantes. No ano 1813 explotou o polvorín do castelo de San Sebastián, e ese foi o motivo de que se destruisen moitas edificacións no interior  das murallas.

1851VigoVixiadorWEB.jpg    1800Vigo1.jpg
O venres pasado estando na rúa Real, Bea mostrounos a casa de López Araujo, é unha casa cunha fachada e unha balconada preciosa, a pega é no estado ruinoso no que se atopa, na miña opinión as nosas autoridades locais e da Xunta terían que botar man destas edificacións para poder conservar a riqueza que temos no noso casco vello.
A través das diapositivas que Bea proyectaba fixemos unha ruta polo Berbés, a rúa dos Cestos, a Ferrería, Gamboa, o porto de ferro no  Náutico, e a Illa de San Simón, illa que foi moi importante no desenrolo da historia de Vigo.

vigo1.jpg    Vigo1856.jpg

Tres curiosidades:

-Entre o ano 1821 e 1823 Vigo foi capital de provincia.
-A finais do século XIX Vigo tiña 15.000 Habitantes
-O primeiro número que publicou  “Faro de Vigo” foi o 3 de Novembro de 1853.

Germán.